Bernardo García Cendán "O cura do muelle"
Onte,día 12,enterámonos dunha triste noticia que queremos comunicarvos: faleceu Bernardo García Cendán.
Bernardo, coñecido hai anos como “o cura do muelle”, Don Bernardo para a rapacería do barrio de Ferrol Vello, nacera en Vilalba, estudara no Seminario de Mondoñedo e nos anos setenta foi destinado ó barrio portuario de Ferrol.
A súa chegada e posterior estancia, non pasou desapercibida tanto entre a xuventude como nos ambientes culturais da cidade.
Foi un dos fundadores do Ateneo Ferrolán onde colaborou durante anos,sendo moi valorada a súa contribución ó éxito de Carmina Burana cando, por iniciativa do Ateneo, se presentou na concatedral de San Xiao, sendo Bernardo o tradutor dos seus textos, do latín ó galego.Partici-pou tamén na fundación da Asociación Galega de Socioloxía.
Era profesor de socioloxía no campus de Lugo.
Bernardo era unha persoa solidaria e participativa cun profundo amor ó seu país e sobor de todo as persoas que o constituen.
O seu traballo pastoral no barrio de Ferrol Vello foi valorado e agradecido tanto por crentes como non crentes.
O pasado mes de Maio colaborou con “Lefre de Caldereta”, formando parte dunha mesa redonda que, para falar dos cregos que tanto no franquismo como na transición política tomaron posicións comprometidas e solidarias, celebramos no auditorio de Caixa Galicia.
Amigo e socio de Lefre de Caldereta, a súa memoria agroma camiños de solidariedade.
A morte de Bernardo, estamos seguros non deixará indiferente a ningunha das persoas que o coñeceron.
Rúa do Sol, 224-230, 1º B.
15401 Ferrol
lefre@lefredecaldereta.com
lefredecaldereta.com
Enviado por:
Lefre de Caldereta - Asociación Cultural
-lefre@lefredecaldereta.com-
13 de junho de 2012 21:14
_____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon