mércores, xuño 13, 2012

EQUO reclama a dimisión de Rajoy

Tags



Xuño, 2012 -
 
EQUO reclama a dimisión de Rajoy pola súa incapacidade para xestionar a crise e por faltar de forma sistemática á verdade.

Para EQUO a falta de información sobre as condicións do rescate é intolerable nunha sociedade democrática e demostra o pouco respecto que este goberno ten pola cidadanía e a súa falta de alternativas.

Para EQUO a intervención de Mariano Rajoy esta mañá volve deixar claro que o goberno ten decidido ocultar á cidadanía que foi o que se aprobou por videoconferencia e sen pasar polo Parlamento en varios días, e como nos vai a afectar ao noso día a día, o que evidencia a súa forma de entender a democracia, priorizando o futbol a preocupación e social e o dereito a ser informados.

Ademais, EQUO expresou a súa preocupación pola situación económica e política do noso país e pola falta de alternativas ante un sistema que se manifestou acabado.

O goberno, co seu presidente á cabeza, está a dar unha imaxe patética e moi pouco seria e mentindo de forma sistemática e basta á cidadanía- afirmou o co-portavoz de EQUO, Juan López de Uralde, quen reclamou-  saber toda a verdade das consecuencias que vai ter este rescate no día a día da xente-.

Para EQUO é urxente depurar as responsabilidades, un maior control político e cidadán da situación actual e sobre todo que se tomen medidas para o desenvolvemento dun novo modelo económico
Con respecto á intervención do presidente do goberno Mariano Rajoy hai uns minutos, para EQUO esta produciuse "tarde e mal"  xa que non explicou nada máis aló de aclarar que non é un rescate senón unha liña de crédito. Ademais, a inxustificada non comparecencia inmediata de Rajoy supuxo un abandono da súa responsabilidade absoluta e inhabilítalle, a xuízo desta organización, para continuar no cargo.

Con respecto ao rescate financeiro, para EQUO é lamentable que tivésemos que chegar a esta situación, que aínda non se sabe como acabará, pola falta de alternativas económicas deste e dos anteriores gobernos.

EQUO, afirmou que á espera de coñecer a letra pequena o que si parece claro é que os intereses do préstamo si os pagaremos entre todos porque o Estado é garante da devolución e por tanto afectará o déficit e provocará máis recortes.

EQUO lembrou que no noso país nunca houbo un problema de débeda pública. A cidadanía española non viviu por encima das súas posibilidades. Chegouse a esta situación económica pola aposta dun modelo económico, fomentado polos anteriores gobernos e por este, que fracasou estrepitosamente e que enriqueceu a uns poucos e provocado o case seis millóns de parados que temos actualmente, Un modelo insustentable medioamebientalmente e inxusto socialmente, que estalou.

En concreto, as caixas de aforro foron unha parte importante do problema xa que as súas fusións realizáronse a propósito de que as súas contabilidades eran falsas.E agora pagamos todos esta falta de control político e económico.

Por todo isto, EQUO pide que se depuren todas as responsabilidades até as últimas consecuencias, as civís, políticas e penais; que se realice unha auditoría que revele a verdade das contas pero coa participación da cidadanía, de forma que se garanta a transparencia máis aló de empresas e axencias que demostraron nesa crise que non son imparciais.

Ademais, para EQUO é esencia que de forma clara apóstese por outro modelo económico que non teña permanentemente endebedada á nosa democracia; xa que se non cambiamos de modelo agora estamos nunha rúa sen saída.

Por iso, EQUO pediu que se anulen os recortes en Sanidade, Educación e Investigación.

Que se apoie aos novos sectores económicos, como as renovables, en lugar de penalizarlles, e que se aposte por noso tecido industrial.
 O neoladrillismo non pode ser a resposta.

Así mesmo, EQUO reiterou a súa petición de dimisión do presidente do goberno, que en tan poucos meses perdeu o crédito que contaba e demostrado que non está á altura da situación actual.

Mesa Equo-Galicia.

Comunicación Equo

Enviado por:
Equo Ferrolterra
-equo.ferrolterra@gmail.com-
13 de junho de 2012 19:27

____________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon