INFORMACIÓNS DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA
O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA RECLÁMALLE AO GOBERNO QUE CONCRETE AS XESTIÓNS E TRABALLOS REALIZADOS PARA DEVOLVERLLE Á VECIÑANZA OS MONTES COMUNAIS DE BRIÓN
ESQUERDA UNIDA DEMANDA A CONSTITUCIÓN DUN PARQUE NATURAL NO CHA DE BRIÓN
O Grupo Municipal de Esquerda Unida demanda do Goberno Municipal que faga efectivos os compromisos herdados do mandato anterior en orde a devolverlle á veciñanza os montes expropiados á veciñanza durante a ditadura franquista en Brión. Esquerda Unida entende suficientes os meses transcorridos para que as xestións a desenvolver polo Goberno teñan producido efectos reais. Hai un ano da toma de posesión e xa toca abordar cuestións como esta. O Pleno manifestouse claro na demanda de proceder a devolver os montes e superar así unha imposición pola forza nun tempo de ditadura. Nós demandámoslle ao PP que nos diga que fixo neste tempo e sobre todo que vai facer para atender unha reclamación xusta.
Doutra banda e en conexión con esta medida reparadora, Esquerda Unida avoga por faceren un parque natural que permita integrar os restos arqueolóxicos radicados nesa parroquia de xeito que se poida constituír un espazo de recreo e lecer alternativos.
Esquerda Unida está certa da necesidade de producir novas posibilidades dun ocio e lecer alternativos, aproveitando o patrimonio arqueolóxico da zona, no entorno da nosa cidade e no convencemento que con elo se mellora a calidade de vida da nosa veciñanza e se incrementa o atractivo da nosa cidade para desenvolver unha oferta de lecer para as persoas que nos visitan de carácter sustentable.
Pedímoslle ao Goberno, xa que logo, que traballe nas dúas liñas subliñadas: desenvolver os trámites conducentes a devolver á veciñanza os montes comunais e na planificación dunha intervención pública- que estimamos vai ser económica – para pór ao dispor da nosa cidadanía os valores naturais e arqueolóxicos da parroquia de Brión.
Ferrol, mércores 13 de xuño de 2012
Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org
facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/
Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
13 de junho de 2012 14:38
Prezadas/os amigas/os: achegamos un INFORMACIÓNS do Grupo Municipal, que demanda ao Goberno Municipal que desenvolva os trámites para reparar a inxustiza histórica cometida pola ditadura franquista ao expoliar aos montes comunais de Brión e que se proceda a devolverlles esa antiga condición; e doutra, formulamos a proposta de que se constitúa un parque natural que aproveite os achádegos arqueolóxicos na zona.
Saúdos, Ramiro Marier
________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
mércores, xuño 13, 2012
Demandan a devolución dos Montes Comunais de Brión á veciñanza
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan mércores, xuño 13, 2012
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon