mércores, xuño 13, 2012

O BNG urxe compromiso á Deputación para a ampliación da estrada Ares-Chanteiro

Tags

O Deputado Provincial do BNG, Xesús Soto Vivero visitou este luns á zona de Chanteiro onde, acompañado polos membros do Grupo Municipal do BNG, tivo información de primeira man a respecto da situación da estrada Ares-Chanteiro – pertencente á rede de estradas da Deputación – e da urxencia de abordar por parte desta institución as prometidas obras de ampliación desta importante vía de comunicación.

Hai que lembrar que desde o ano 99 – no que o BNG tiña feito xa unha demanda formal á Deputación para a execución das obras – ata o día de hoxe sucedéronse multitude de iniciativas por parte da nosa organización que levaron a que, finalmente, se procedese á realización do proxecto e á inclusión do mesmo no plano plurianual de vías, cun orzamento que se achega aos dous millóns de euros.

Hai agora un ano, a institución anunciaba a expropiación dos terreos para a execución das obras; proceso no que aínda estamos actualmente. Ademais, existía un certo compromiso para que as obras desen comezo no momento no que a Xunta executase as obras de abastecemento a Cervás – que irán xustamente no trazado da estrada – para evitar ter que levantar logo o firme. Estas obras están agora en execución, polo que a previsión de contratación do proxecto da estrada por parte da Deputación deberían de ser unha realidade para o vindeiro ano.

Precisamente, arredor desa reivindicación, o deputado do BNG, Xesús Soto, comprometéuse a facer nesta mesma semana as xestións perante a Deputación para saber da situación actual do proxecto expropiatorio e, sobre todo, para acadar o compromiso político de que o proxecto teña consignación nos orzamentos da institución para o vindeiro ano, permitindo a contratación efectiva do proxecto e a contratación do mesmo.

Web BNG Ferrolterra:

http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/ferrolterra/seccions/portada

Enviado por:
Novas BNG Comarca Ferrolterra
-sedenacional@bng-galiza.org-
13 de junho de 2012 03:05
________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon