venres, xuño 15, 2012

Rápido, depresa, correndo e prevaricando, a Xunta de Galicia apurou-se a aprobar unha modificación do PXOM mugardés co ánimo de chulear a Sentenza do Tribunal Supremo que declara a Reganosa ilegal

Tags


A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, co ánimo de chulear a Sentencia do Tribunal Supremo que dá a razón ao movimento opositor a Reganosa, aprobou a modificación puntual do PXOM do concello de Mugardos, rápido, depresa, correndo e  prevaricando.

Cando o Tribunal Supremo sentenciou a pasada semana a nulidade da modificación puntual, que no seu momento posibilitou a construción da planta de gas en Mugardos, quedou clara a ilegalidade da regasificadora construída en Punta promontorio, ademais das ilegalidade das actuacións políticas e administrativas do Concello de Mugardos, da Xunta de Galicia e do Goberno de Madrid. Segundo a citada Sentenza, a regasificadora carecía dunha declaración de impacto ambiental, "pese a que a normativa europea e o ordenamento interno esixen dita declaración para unhas instalacións destas características e riscos", como así viñera manifestando perante todos estes anos o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Co ilegal acto de prevaricación, de aprobación da modificación do PXOM, a Consellería de Medio Ambiente permite a adecuación de usos de regasificación ao chan onde se asenta Reganosa.

A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo remiteu o 14 de Xuño de 2012, ao Concello a orde de aprobación definitiva. Previamente, a modifiación puntual someteuse "ao procedemento integrado de avaliación ambiental estratéxica" rexeitado por un amplo abano de organizacións sociais e, veciñais e ecoloxistas que no seu momento alegaron contra este procedimento. A Xunta insiste en que "con esta modificación incorpóranse vos criterios de calidade paisaxística para a integración dás instalacións industriais do contorno, dotándose ao ámbito dunha regulación integradora dous aspectos urbanísticos e de seguridade industrial" que vai dicir snón. Ademais, contan, coa xa aprobada ampliación da produción de regasificación. Paradoxica aprobación de aumento da produción de regasificación cando a planta non chega o 40 % da súa capacidade regasificadora. Todo un cúmulo de despropósitos.

Non lles importa xogar coa vida e seguridade das persoas, nen en destruír aínda máis a xa depauperada Ría de Ferrol, coas súa sopas químicas [Post 1 e Post 2]. Non lles importa manter unha planta que nos costa a todos nós dúcias de millóns de euros anuais. Non lles importa manter unha planta de gas instalada só para beneficiar a uns poucos corruptos e cobizosos.

As manobras da Empresa, da Xunta e dos políticos corruptos, non tardaron en dar os seus froitos e seguen a continuar con ilegalidades e pasos para desviar a atención e intentar xustificar o inxustificábel. Reganosa é unha planta de gas, ilegal, perigosa e innecesaria.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, xa iniciou as accións políticas, administrativas e xudiciais necesarias facer frente a tanta corrupción, ilegalidades e inxusticia. Mesmo preparan-se mobilizacións, como a grande Marcha a Pé até Mugardos, convocada para o 20 de Xullo, que partirá ás 5 da tarde desde o Parque 'Carmelo Teixeiro' de Caranza.

Documentos:

RECURSO CASACIÓN Num.: 451212008 SENTENZA TRIBUNAL SUPREMO | SALA DO CONTENCIOSO·ADMINISTRATIVO SECCIÓN: QUINTA 11.05.2012

T.S.X.GALICIA A CORUÑA SENTENZA: 00311/2008 - COH/AD SEC.2 22.04.2008

Nota de prensa da Xunta:

A Xunta aproba a modificación puntual do PXOM de Mugardos
Santiago, 14 de xuño de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente aprobou hoxe a modificación puntual do PXOM de Mugardos que permite a adecuación de usos de regasificación no solo no que se asenta Reganosa. A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo enviou esta mañá ao Concello de Mugardos a orde pola que se aproba definitivamente a modificación puntual do Plan xeral para a adecuación de usos de regasificación no solo industrial de Punta Promontoiro. |Ir á nota da Xunta|

Enlace de moito interese:

Ártabra 21: Rolda de Prensa do Comité Cidadán de Emerxencia coa presenza da súa asesora xurídica, Patricia Gabeiras, analizando a Sentenza do Tribunal Supremo que confirma a ilegalidade do PXOM de Mugardos que permitíu a construción de Reganosa no corazón da nosa Ría - Audio, Fotos, Enlaces, Notas de Prensa, Documentos

________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon