luns, xuño 11, 2012

Traballadoras e traballadores da Comarca unid@s en defensa do Naval, en defensa do emprego, ...


Miles de traballadoras e traballadores saíron á rúa este Domingo 10 de Xuño de 2012, en defensa do emprego, en defensa do sector naval, ... esixindo carga de traballo para os estaleiros e políticas activas de emprego para esta Comarca, que está en declive industrial e social. Todas as centrais sindicais participaron na manifestación coas súas lexitimas consignas, criticas e posicionamentos sindicais. A unidade de clase foi marcada polas traballadoras e traballadores da industria auxiliar e principal que unid@s convocaron esta mobilización.


Fotos de de Susete'70 e Fuco Buxán AC.

Centrais Sindicais:
_______________

4 comentarios

As mobilizacións, cando son unitarias, fan saír á rúa a milleiros de persoas

Claro que sí, unidade a tope....A singularidade da comarca exprésase graficamente co feito de que o PP únese ( daquela maneira, claro ) a unha mobilización na que se lle piden contas aos gobernos...do PP....Estamos a punto de chegar á esquizofrenia colectiva, e non tanto pola jeta do PP, senón pola actitude conciliadora e entreguista das cúpulas de CCOO e UGT.
Ademáis, creo que a clave non é so que vaia moita xente; senón que fiquen claros os obxectivos para que a participación teña un efecto multiplicador no ámbito político. Se non é así, xa sabemos que calquera cifra multiplicada por cero, pois dá cero...Así que a espabilar e convertir as procesións en via-crucis...para o PP, claro....

Quen promoveu a iniciativa Rumbo 21 con o PP se queixa agora de que o PP vaia nas manifestacións?

Hai que ter máis memoria e, se non, revisar as hemerotecas....O de Rumbo 21 non foi hai cen anos, senón catro. Calquera sabe quenes estiveron apoiando esa iniciativa e quen, nen na teoría nen na prática, fixeron nada.Os mesmos, por certo, que nunha manifestación piden e logo nos gobernos negan. Ou os que no plano sindical (CCOO-UGT) asinaron os acordos do 2004, e agora queixanse dos seus resultados. Esquizofrenia, iso sí, "made in ferrolterra"...


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon