domingo, xuño 10, 2012

Quen a fai a paga ! - REGANOSA ILEGAL !

Tags

Clicar acima da imaxe para ampliar

No Boletím nº 16 de Marzo de 2010, publicabamos na páxina 11 o seguinte texto acompañado dunha imaxe coa copia do BOE e o enlace onde figura o detalle do que imos transcribir:

Quen a fai a paga !

REGANOSA está obrigada a manter unha conta con fondos para pagar os custes do desmantelamento

No documento de autorización administrativa previa, publicado no BOE do 24 do 7 do 2002, segundo o cual se permitía a Reganosa comezar a executar o seu proxecto, poñíanse condicións.

A condición sétima fai referencia á criación dunha conta con fondos que aseguren a restitución do terreo no que está instalada ao seu medio natural, no caso de que se decrete o seu desmantelamento.

A condición oitava fala do dereito da administración a deixar sen efeito esta autorización caso de incumprimento das condicións expresadas ou inexactitude nos datos aportados.

É a nosa esperanza que máis cedo que tarde, a Xustiza e as Institucións nos dean a razón e os fondos desa conta se destinen a reparar o dano feito por Reganosa.

Podes ler o BOE neste enlace: http://www.boe.es/boe/dias/2002/07/24/pdfs/B06032-06033.pdf

***

Reganosa xa ten cobrado moitos millóns de tod@s nós (perante a construción e nestes catro anos de funcionamento dúcias de millóns anuais que publica o BOE, polo investimento, servizo e gas almacenado), mais a súa autorización de instalación contemplaba o posíbel desmantelamento, para o cal tiña que facer un depósito. Ademais as súas licenzas de construción e actividade están supeditadas ao cumprimento dunha serie de condicións que todas e todos sabíamos que non cumpre, mais agora a mesma sentenza ven confirmar os incumprimentos.

Documentos:

RECURSO CASACIÓN Num.: 451212008 SENTENZA TRIBUNAL SUPREMO | SALA DO CONTENCIOSO·ADMINISTRATIVO SECCIÓN: QUINTA 11.05.2012

T.S.X.GALICIA A CORUÑA SENTENZA: 00311/2008 - COH/AD SEC.2 22.04.2008
_____

Enlaces relacionados:
Ártabra 21: Reganosa ilegal: Diante do Concello de Ferrol celebrouse unha Asemblea Cidadá Aberta, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol - Galería de Fotos

Ártabra 21: Asemblea aberta na praza do Concello de Ferrol, do Comité Cidadán de Emerxencia, por mor da Sentenza do Tribunal Supremo que ven confirmar a anulación da modificación do PXOM de Mugardos que permitiu a construción de Reganosa sen Declaración de Impacto Ambienta - Sábado 9 de Xuño de 2012 - Vídeos e Fotos


Ártabra 21: Rolda de Prensa sobre a Sentenza do Tribunal Supremo que ven confirmar a anulación da modificación do PXOM de Mugardos que permitiu a construción de Reganosa sen Declaración de Impacto Ambiental - Fotos e Vídeo - Nota de Prensa, Audios e Fotos remitidas polo Comité
_______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon