xoves, xullo 12, 2012

Comunicado dos Grupos de Teatro Afeccionado de Ferrol logo da Rolda de Prensa do pasado día 11 de xullo





A práctica totalidade dos Grupos de Teatro afeccionado de Ferrol: Max Teatro, Oquetiquiras (Grupo Bazán), Tremoia Teatro (A.C. Fuco Buxán), N+1, Crucía Teatro, O Maxolo, Amistade de Sta. Mariña, ASCM e Bartoleta Teatro (A. VV. Ensanche A), fixeron público onte en Rolda de Prensa, o seu total desencontro co Concelleiro de Cultura Sr. Reyes García Hurtado, e o seu rexeitamento a nova programación do ciclo “Domingos a Escena” que de xeito unilateral y arbitrario pretende levar adiante, e que estimamos pode acabar co Ciclo teatral afeccionado máis prestixioso de Galicia.

Os grupos de teatro agardan que o Concelleiro rectifique a súa decisión e caso contrario non participarán nas seguintes edicións de “Domingos a Escena”


Comunicado dos Grupos de Teatro Afeccionado de Ferrol
Despois de que, na Comisión de Cultura do 29-6-2012, se aprobaran as Bases para a participación no ciclo Domingos a Escena 2012 (segundo semestre), confírmase que, dende a Concellaría de Cultura, preténdese dar un xiro á organización do Ciclo de Teatro Afeccionado “Domingos a Escena”.

O Concellal, dunha forma unilateral e arbitraria e sen contar co colectivo de Grupos de Teatro Afeccionado de Ferrol, encárgalle a coordinación do Ciclo 2012-2013 ao grupo Ti e mais eu Teatro, que non ten boa relación con ningún do resto dos grupos, e cuias Bases non son válidas para cumprir os obxectivos que estaban marcados dende o primeiro Ciclo:
- Participación de todos os grupos de Ferrol
- Apoio aos grupos do resto de Ferrolterra
- E aproveitando o Circuito Cultural da Deputación da Coruña e dos Ciclos organizados pola FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado) patrocinados pola Xunta de Galicia, enriquecer a programación coas mellores propostas do resto da Provincia e da comunidade galega.

Os grupos de teatro, abaixo asinantes, despois de varias reunións, acordamos o seguinte:
1.- Facer un chamamento á Concellaría para que reconsidere a súa decisión.
2.- No caso de que esa decisión non se reconsidere, estos grupos de teatro, acordaron por unanimidade, non participar non vindeiro ciclo de Domingos a Escena.
3.- Solicitar, novamente, unha entrevista co Alcalde (hai mais dun mes que se lle solicitou e non tivemos resposta) para transmitirlle as nosas inquedanzas.
4.- Estamos convencidos que estos cambios na organización poñen en peligro a continuidade, no futuro, do Ciclo de Teatro “Domingos a Escena” que dende hai 12 anos ben funcionando con un grande éxito de público e un recoñecimento, por parte de todos os grupos participantes, como o ciclo de teatro afeccionado mais importante de Galicia. 

Grupos asinantes:
MAX Teatro, BARTOLETA Teatro, OQUETIQUEIRAS Teatro, TREMOIA Teatro, Teatro N+1, CRUCÍA Teatro, O MAXOLO Teatro, Teatro AMISTADE e Teatro ASCM.
Ferrol a, 11 de Xullo de 2012 

Fonte: Batoleta Teatro www.bartoletaferrol.wordpress.com/

1 comentarios so far

Desencontro do Concelleiro co Teatro e a Cultura. N de Prensa

Fuco Buxán A.C. e o seu grupo Tremoia Teatro apoian o comunicado dos Grupos de Teatro Afeccionado e instan ao Goberno Municipal do PP do Concello de Ferrol a rectificar a súa postura permanente de desencontro coas xentes da Cultura.

A práctica totalidade dos Grupos de Teatro afeccionado de Ferrol: Max Teatro, Oquetiquiras (Grupo Bazán), Tremoia Teatro (A.C. Fuco Buxán), N+1, Crucía Teatro, O Maxolo, Amistade de Sta. Mariña, ASCM e Bartoleta Teatro (A. VV. Ensanche A), fixeron público onte en Rolda de Prensa, o seu total desencontro co Concelleiro de Cultura Sr. Reyes García Hurtado, e o seu rexeitamento a nova programación do ciclo “Domingos a Escena” que de xeito unilateral y arbitrario pretende levar adiante, e que estimamos pode acabar co Ciclo teatral afeccionado máis prestixioso de Galicia.

Os grupos de teatro agardan que o Concelleiro rectifique a súa decisión e caso contrario non participarán nas seguintes edicións de “Domingos a Escena”. Entanto, reiteran a petición de entrevista co Alcalde Sr. Rey Varela, pola que levan máis dun mes agardando.

máis información:

http://bartoletaferrol.wordpress.com/2012/07/12/roda-de-prensa-do-teatro-afeccionado/


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon