CONCENTRACIÓN SOLIDARIA COA LOITA MINEIRA
A loita mineira en diferentes comarcas de Asturias, León, Teruel, ..., case chega, na súa última etapa, a 50 días intensos. Hai unha folga indefinida nos pozos mineiros que é total, apoiada polas respectivas poboacións, e respaldada mesmo polas institucións locais de moitas vilas. Os cortes de estradas e das vías do ferrocarril, son constantes e provocaron intensos enfrentamentos coas forzas de policía e guardia civil enviadas polo Ministro de Interior (o dereitista Jorge Fernández Díaz). A represión chegou até o interior das vivendas, con alleamento de morada por gardas armados que se non chega ser polas redes socias e varios correspondentes estranxeiros quedaría oculto. Relevante foi o caso de Ciñera. Sete mineiros permanecen máis de 50 días baixo terra no fondo do Pozo de Santa Cruz, no Bierzo. Mentres unha Marcha Negra partía desde diferentes comarcas para encontrar-se en Madrid. Por onde pasaban recebían numerosas mostras de solidariedade. Converteron-se nun sinal, nunha bandeira de loita, compromiso, decisión e resistencia. Houbo un multitudinario recibimento en Madrid a noite do 10 e e unha grande Manifestación o mércores 11 de Xullo. Está manifestación, nun dos tramos finais diante do Ministerio de Industria foi cargada pola policía, onde houbo moitas persoas feridas e numerosas detencións. Mentres no Congreso dos Diputados, o presidente do Goberno Español, Mariano Rajoy Brey, anunciaba un recorte de 65.000 millóns de euros, contra os dereitos e calidade de vida da Clase Traballadora (funcionarios, desempregados pensionistas, e pobo en xeral, todos afectados por inxustas medidas), para pagar irresponsábeis comportamentos e millonarias estafas das oligarquías financieiras, especuladores e políticos corruptos. Porradas, detencións, recortes nas prestacións de desemprego, recortes salariais a empregad@s públicos, devaluación da democracia (redución dun 30% de concelleiros) e numerosos recortes máis, para a Clase Traballadora; ... amnistias fiscais, millonarias indenizacións, prevendas, multimillonarios rescates bancarios, rebaixas nas cotas da parte empresarial na cotización á seguridade social, ... para a burguesía, unha revolución neoliberal está marcha, ... volve o traballo escravo ...
En Ferrol estaba convocado un Acto Unitario e Aberto de Solidariedade coa Loita Mineira, na Praza do Himno Galego de Esteiro, ás 9 da noite, coincidindo coa mobilización en Madrid das columnas mineiras que estiveron marchando a pé no transcurso destas ultimas semanas. Non foron as direccións dos sindicatos as organizacións convocantes (os seus dirixentes estabán inmersos na burocracia sindical, elaborando os próximos argumentos para xustificar o porque manter dividida á clase traballadora, na loita desigual contra o Capital), foron persoas, sindicalistas de base, activistas do movimento social as que se preocuparon de activar a convocatoria. Valoraron que era necesario que na nosa comarca se convocara algún acto de solidariedade coa loita das traballadoras e traballadores das comarcas mineiras de Asturias, León e Aragón. Chamaron a unha asemblea-concentración aberta, a todas as organizacións e persoas que quixeran mostrar a súa solidariedade e recadar axuda económica para a caixa de resistencia da loita mineira.
Perante o acto houbo diferentes intervencións de mostras de solidariedade e de análise do que está sucedendo co último anuncio de recortes e rescates bancarios. O acto rematou co canto do Himno Mineiro e da Internacional.
Fotos de Susete'70.
________________ ___
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon