xoves, xullo 12, 2012

Esquerda Unida denuncia o trato discriminatorio que, en contra das disposicións legais vixentes, recibíu un matrimonio (formado por dúas mulleres) da comarca a instancias do Rexistro Civil de Ferrol

Comunicado do Consello comarcal de Esquerda Unida
Ferrol, xoves 12 de xullo de 2012

ALEAS-ESQUERDA UNIDA QUERE DENUNCIAR O TRATAMENTO DISCRIMINATORIO PROVOCADO NO REXISTRO CIVIL DE FERROL
OS DEREITOS DE CIDADANÍA SON PARA TODAS E TODOS, NON TEÑEN QUE VER COA OPCIÓN SEXUAL DE CADA QUEN
EU RECLAMA UNHA RECTIFICACIÓN FORMAL DO REXISTRO CIVIL DE XEITO QUE SITUACIÓNS SEMELLANTES NON SE VOLVAN PRODUCIR

Dende a Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de Esquerda Unida queremos denunciar o trato discriminatorio que, en contra das disposicións legais vixentes, recibíu un matrimonio da comarca de Ferrolterra a instancias do Rexistro Civil de Ferrol.

O matrimonio formado por dúas mulleres da comarca, acudíu ao Rexistro Civil para inscribir aos seus fillos recén nacidos, cando se atoparon cunha serie de trabas impropias da súa situación legal. Para poder efectuar o rexistro indicóuselles un procedemento propio dunha parella non casada en matrimonio, o que non se corresponde co estado legal da parella. Posto que dende estas instancias se lles poñían unha serie de trabas optaron por acudir ao Rexistro Civil do concello do que procede unha das mulleres, Outeiro de Rei, onde segundo o establecido por Lei se permitíu o trámite sen obxeccións.

Estes feitos constitúen un caso flagrante de discriminación deste matrimonio entre persoas do mesmo sexo, en relación con calquera outro de distinto sexo, en contra do establecido legalmente a partires das reformas derivadas tanto da Lei 13/2005, de 1 de xullo, pola que se modifica o Código Civil en materia de dereito a contraer matrimonio, como da Lei 14/2006, de 26 de maio, sobre técnicas de reprodución humana asistida, que no Artigo 7.3. establece que “Cando unha muller estivese casada [...] con outra muller, esta última poderá manifestar fronte o Encargado do Rexistro Civil do domicilio conxugal, que consinte en que cando naza o fillo [...] se determine ao seu favor a filiación respecto ao nacido”.

Entendemos que estes feitos seguen a acontecer aínda hoxe por descoñecemento e desatención ás obrigas estabrecidas por Lei, polo que requerimos rectificación inmediata por parte da institución, así como se solicita se emprendan as accións precisas para que feitos coma este non volvan a acontecer nun futuro.

Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol


eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
12 de julho de 2012 14:07
Prezadas/os amigas/os: achegamos un comunicado do Consello denunciando a discriminación padecida por unha parella no rexistro civil. Saúdos, Ramiro Marier

_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon