A Asemblea de Desempregad@s da CIG (de Ferrol) ven desenvolvendo desde o pasado mes de xuño unha serie de asembleas abertas en distintos barrios e vilas: As Pontes, Fene e Ferrol (nos barrios de Caranza, Recimil e Santa Icía).
As dúas seguintes datas previstas, que pecharán esta primeira rolda ata despois do mes de agosto, son:
- Barrio do Inferniño (Ferrol): 13 de xullo, na pista deportiva da Praza do Inferniño.
- Barrio de Freixeiro (Narón): 20 de xullo, na Praza Álvaro Paradela.
Ambas ás 18:00 horas.
Cómpre sinalar que estas asembleas son abertas a todos os traballadores e traballadoras desempregadas, independentemente de cal sexa a súa filiación sindical, ou mesmo sen estar sindicados.
Do que se trata é de ir sumando forzas e crear un forte e amplo movemento de desempregad@s, que na comarca de Ferrol-Eume-Ortegal xa supera a cifra dos 20.000.
Tratase de canalizar a defensa das persoas desempregadas en forma de mobilizacións e propostas urxentes, mais que tamén sirva ao conxunto das clases traballadoras para dar resposta a asuntos como o mantemento de postos de traballo ou a mellora substancial das súas condicións laborais.
É moi importante traballar de forma conxunta (tanto desempregad@s como en activo) cara á convocatoria dunha gran folga xeral, e das que fagan falla, até derrubar todas as reformas antiobreiras e antipopulares que se están a acometer e que se acometerán.
Fonte: http://revistaforxa.blogspot.com
Enviado por:
Forxa!! Construír o partido, preparar a revolución!!
-forxagz@gmail.com-
12 de julho de 2012 17:32
____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon