Pola mañá cedo en Caranza chovía a chuzos, tan forte que de novo dentro do Mercado facían falta paraugas para protexese da chuvia. A cuberta segue sen reparar, por moitas promesas e proxectos do malgoberno dereitista do Partido Popular -PP. Paralelamente, as asociacións do barrio realizaban a súa segunda xornada para a elaboración dun proxecto comunitario para o Mercado e a Traseira. Carlos e Ana preparaban o que era a infraestrutural da Festa, na Traseira do Mercado, nas inmediacións de Rádio Filispim. Limpeza, bebida, comida, fogóns, potas, equipo de música, ... Había que ultimar todo. A media mañá saíu o sol e xa non se volveu a poñer até o solpor. Compañeiras e compañeiros da Asemblea Sen Papeis, comprometeran-se a agasallar-nos cociñando para un numeroso grupo de persoas que estaba previsto que participaran na cita, como así foi. O menú intercultural, cuscús e arroz , os dous con polo. Mentres uns conciñaban, ás 12 do mediodía daba comezo unha Mesa Redonda nos locais de 'Fuco Búxan'. Máis de cincuenta persoas estiveron atentas a tan interesante palestra. Dúas testemuñas contan a vivencia persoal dende que decidiran emigrar do seu país, cara a un mundo descoñecido para mellora-las súas condicións de vida (Testemuños: "Unha viaxe cara ao edén" -Vídeo), acompañadas por Laura Bugallo (Recoñecida activista en Inmigración); María Teresa Bustamante (Avogada) e o noso compañeiro Carlos Varela (Asociación Lazos Pro Solidariedade) un dos impulsores da Asemblea Sen Papeis.
Xa pola tarde comezou o Xantar Comunitario de confraternización, e máis tarde terían lugar as actuacións músicais, con tamborada africana, Manolo Bacallao, Luís Enrique Culshaw e Bitxo Bola. No medio desta actuación os traceurs, que así se chaman os practicantes de parkour, fixeron unha demostración das súas habilidades e ao remate do seu percorrido, na Traseira, continuou a festa coa música.
As fotos de Susete deixaron testemuña, da alegría e o bon desenvolvemento da Festa dos Sen Papeis.
Ningunha persoa é ilegal !!
Tod@s somos emigrantes !!
Enlace de referencia:
1ª Festa Intercultural en Ferrol organizada pola Asamblea Sen Papeis - 30 de Xuño de 2012
Fotos: Susete'70.
Contacto:
senpapeisferrol@gmail.com
Tamén no facebook.
A Asemblea Sen Papeis Ferrol, conforman a Comisión de Inmigración do Encontro Social de Ferrol Terra.
Testemuños: "Unha viaxe cara ao edén" (Vídeo).
Documentario publicado en 30.06.2012 por Asemblea Sen Papeis-Ferrol.
Testemuños recolleitos pola Asemblea Sen Papeis Ferrol de Mike e Alex quen contan desde a súa infancia en Dakar (Senegal), a decisión de partir cara a Europa, os seus soños, etc...
Texto ao comezo do Libro "O meu nome é Ninguén" de Carla Fibla e Nicolás Castellano e texto final de "A historia que puido ser" de Eduardo Galeano.
http://youtu.be/cMavTnj52XM
___________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon