Nas vésperas da infausta data do 18 de xullo temos outra vez a
oportunidade de lembrar ás vítimas da represión franquista na Galiza nun acto nacional a celebrar na illa de San Simón. Desta volta a intención é poñer a mirada nas novas xeracións da memoria. Descendentes de vítimas mais tamén mozos e mozas quen sen ter un vencello familiar se achegan a
memoria como un xeito de comprender o presente que se lle legou.
Os actos celebraranse o domingo 15 de xullo na Illa de San Simón. Comezará coa presentación do proxecto documental “A pegada dos avós” no auditorio e a actuación musical de Samuel Acuña e Elena Romero. Logo de visitar as instalacións da outrora Colonia Penitenciaria farase unha ofrenda floral e solta de pombas no cemiterio, coas intervencións de Pablo Iglesias Núñez (Fillo de Mercedes Núñez, internada no campo de exterminio nazi de Ravensbruck e representante para Galiza de Amical de Mauthausen), Valentín García Bóveda (Neto de Alexandre Bóveda e Secretario da Fundación que leva o seu nome) e Ana Aller (Neta de Enrique Gómez, fuxido e asasinado no 1937).
Fonte: Iniciativa Galega pola Memoria www.igmemoria.org
A primeira xuntanza como tal prodúcese con motivo da elaboración da chamada lei da memoria histórica co fin de facer unha proposta conxunta, e presentase dito manifesto o 13 de abril de 2007 na sala circular do auditorio de Galiza de Santiago de Compostela.
Celebrouse unha actividade conxunta en solidariedade cos investigadores que estaban a ser xulgados e perseguidos por levar a cabo o seu labor de rescate da memoria secuestrada. As xornadas chamáronse "O dereito a saber, a liberdade de investigar", e tiveron lugar en O Grove o 19 a 22 de setembro de 2007.
Desde aquela as diferentes entidades memorialistas teñen coincidido asinando propostas conxuntas até que finalmente o 12 de xuño de 2010, nunha xuntanza para dar resposta ao anuncio do cambio de usos da Illa de San Simón, acordase formalizar este lugar de encontro co fin de canalizar a comunicación e coordinación entre os diferentes colectivos memorialistas para defender uns obxectivos comúns que se definirían nun manifesto que logo do debate entre as diferentes asociacións, unha vez acordada a adhesión a el, se presentaría a opinión pública o 18 de xullo de 2010 na homenaxe ás vítimas do franquismo na Illa de San Simón.
Manifesto da Iniciativa Galega pola Memoria:
Os actos celebraranse o domingo 15 de xullo na Illa de San Simón. Comezará coa presentación do proxecto documental “A pegada dos avós” no auditorio e a actuación musical de Samuel Acuña e Elena Romero. Logo de visitar as instalacións da outrora Colonia Penitenciaria farase unha ofrenda floral e solta de pombas no cemiterio, coas intervencións de Pablo Iglesias Núñez (Fillo de Mercedes Núñez, internada no campo de exterminio nazi de Ravensbruck e representante para Galiza de Amical de Mauthausen), Valentín García Bóveda (Neto de Alexandre Bóveda e Secretario da Fundación que leva o seu nome) e Ana Aller (Neta de Enrique Gómez, fuxido e asasinado no 1937).
Fonte: Iniciativa Galega pola Memoria www.igmemoria.org
Qué é a Iniciativa Galega pola Memoria?
A Iniciativa Galega pola Memoria non é unha nova entidade nin ten unha
estrutura propia senón que simplemente é o punto de encontro das
diferentes asociacións, fundacións, colectivos e persoas que están a
traballar pola recuperación da memoria histórica na Galiza, e atopan
neste espazo un lugar no que poder sumar esforzos por aqueles obxectivos
que son comúns a todas estas organizacións.A primeira xuntanza como tal prodúcese con motivo da elaboración da chamada lei da memoria histórica co fin de facer unha proposta conxunta, e presentase dito manifesto o 13 de abril de 2007 na sala circular do auditorio de Galiza de Santiago de Compostela.
Celebrouse unha actividade conxunta en solidariedade cos investigadores que estaban a ser xulgados e perseguidos por levar a cabo o seu labor de rescate da memoria secuestrada. As xornadas chamáronse "O dereito a saber, a liberdade de investigar", e tiveron lugar en O Grove o 19 a 22 de setembro de 2007.
Desde aquela as diferentes entidades memorialistas teñen coincidido asinando propostas conxuntas até que finalmente o 12 de xuño de 2010, nunha xuntanza para dar resposta ao anuncio do cambio de usos da Illa de San Simón, acordase formalizar este lugar de encontro co fin de canalizar a comunicación e coordinación entre os diferentes colectivos memorialistas para defender uns obxectivos comúns que se definirían nun manifesto que logo do debate entre as diferentes asociacións, unha vez acordada a adhesión a el, se presentaría a opinión pública o 18 de xullo de 2010 na homenaxe ás vítimas do franquismo na Illa de San Simón.
Manifesto da Iniciativa Galega pola Memoria:
DECLARACIÓN DE PRINCIPIOS DA INICIATIVA GALEGA POLA MEMORIA
- Condena do franquismo, que foi declarado en decembro de 1946 pola ONU como un réxime criminal.
- Recoñecemento explícito da resistencia antifranquista e de todas as persoas que loitaron pola liberdade.
- Declaración da nulidade dos xuízos franquistas, de todos os procesamentos, sentenzas, expedientes, condenas e sancións, tanto durante a Guerra Civil como na posterior Ditadura, ate a aprobación da Constitución española no ano 1978.
- Aplicación do dereito internacional sobre as vítimas da represión franquista, incompatible con calquera mecanismo de impunidade: imprescriptibilidade, dereito a saber, dereito á xustiza, dereito á reparación.
- Consideración dos crimes do franquismo como delitos contra a humanidade.
- Obrigatoriedade para todas as administracións (central, autonómica e local) de retirar dos espazos públicos os símbolos franquistas e as referencias ás persoas relacionadas coa Ditadura.
- Apoio á conservación e potenciamento dos arquivos da memoria, tanto públicos como de partidos, sindicatos, fundacións e outras entidades.
- Instar á Administración a que apoie aos familiares das vítimas da represión na procura de información, presentación de reclamacións, etc.
- Intervención pública das distintas administracións nos labores de localización, identificación das foxas de enterramentos das vítimas do franquismo e, no seu caso, exhumación, divulgando os resultados; elaboración dun protocolo de actuación científica multidisciplinar.
- Revisión dos currículos escolares, fomentando e apoiando a elaboración de materiais didácticos sobre o período republicano, a sublevación militar fascista, a Ditadura e a resistencia antifranquista.
- Regulación da apoloxía do franquismo como delito e prohibición de toda exaltación do mesmo.
- Anulación, seguindo a recomendación da Comisión de Dereitos Humanos da ONU datada o 30/10/2008, da Lei de Amnistía do ano 1977.
En base á devandita declaración de principios, os colectivos
acordan presentar as seguintes reivindicacións á Xunta de Galicia:
a) Completar
o Proxecto xa iniciado pola Consellería de Cultura denominado “As
Vítimas, Os Nomes, As Voces, Os Lugares” relativo á represión
franquista en Galicia, coa publicación dos seus resultados,
conservando o 100% do seu financiamento.
b)
Elaboración por parte do Parlamento Galego dunha Lei para a creación
dun Centro da Memoria de carácter público, cuxa finalidade sexa a
investigación, a documentación e a divulgación da memoria da
represión franquista no noso país, así como a promoción de
políticas públicas de memoria .
c)
Elaboración dunha Lei específica galega, como xa teñen outras
comunidades, sobre ás vítimas da represión franquista, que amplíe
os dereitos recoñecidos pola lei estatal.
d)
Potenciamento de toda a infraestrutura (oficinas) de atención ás
vítimas do franquismo, así como facilitar as xestións para
solicitar as axudas e recoñecemento que contempla a lei da Memoria
Histórica.
e) En
aplicación da Lei da Memoria Histórica, elaboración pola Xunta dun
catálogo de todas as rúas de Galicia relacionadas co franquismo,
así como monumentos, estatuas, escudos, etc. de exaltación da
Ditadura e do levantamento militar de 1936, establecendo un plan para
a súa eliminación.
f).
Continuidade do Convenio coa Universidade de Santiago e o Instituto
de Medicina Legal de Galicia para a exhumación das vítimas da
represión franquista. Aplicación da Lei aprobada pola Xunta sobre
as foxas. Sinatura do convenio de colaboración co Estado para a
localización e exhumación das vítimas, que xa foi cumprimentado
por varias comunidades autónomas.
g) Apertura
inmediata ao público do Pazo de Meirás e aplicación das sancións
correspondentes no caso de que a familia Franco continúe coa súa
política dilatoria. Que a Xunta realice xestións para a
recuperación do Pazo para o patrimonio público.
h) Promoción
por parte da Xunta da investigación para a recuperación da Memoria
Histórica, así como o fomento da axuda e colaboración para
actividades e iniciativas promovidas por entidades, asociacións e
institucións sobre o recoñecemento das vítimas da represión
franquista.
i)
Consolidar a Illa de San Simón como Lugar de Memoria de especial
significación na historia de Galicia e como tal debe ser sinalizado,
patrimonializado e promovido. Isto concrétase en:
- Respectar
a musealización xa acometida na Illa en lembranza da Colonia
Penitenciaria, incluíndo a exposición, as placas de homenaxe e as
distintas propostas estéticas xa realizadas.
- Potenciar
a Illa como espazo para a realización de actividades relacionadas
coa recuperación da memoria histórica, facilitando as visitas de
grupos promovidas polas asociacións memorialísticas.
- Levar a
cabo o Centro Documental sobre a Memoria da Colonia Penitenciaría da
Illa de San Simón, incorporando a documentación histórica
depositada en malas condicións no Centro Penitenciario de A Lama.
- Facilitar
a realización do acto que, dende o ano 2006, vén celebrándose o 18
de Xullo na Illa como homenaxe nacional ás vítimas do franquismo en
Galicia.
Illa de San Simón, a 18 de Xullo de 2010
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon