Contra os recortes, indignación !
Contra os ataques, mobilización !!
Non te resignes !!! Loita !!!!
Manifestacións unitarias convocadas polos sindicatos de clase e sectoriais da área pública, foron convocadas en toda Galiza para o vindeiro Luns 30 de Xullo de 2012, contra as últimas medidas decretadas polo goberno español e aprobadas polo parlamento na súa ultima sesión desta semana. En Ferrol, a manifestación partirá da Praza de España (Praza da Porta Nova), ás 20:30 horas, para rematar unha hora máis tarde na Praza do concello, diante do Pazo Municipal.
As políticas ultraliberais do dereitista Partido Popular que hoxe goberna tanto en Madrid, como na Xunta e na maioría dos concellos da nosas Comarca, non só supoñen un ataque contra as traballadoras e traballadores da función pública; coa supresión da paga extraordinaria de decembro que se ven somar a xa progresiva perda de poder adquisitivo que veñen padecendo desde o ano 2000 e que os sindicatos cifran no 20% e un 40% se a calculamos desde 1995; senón que teñen como principal obxectivo, reducir a administración pública, potenciando o seu desmantelamento, destruíndo emprego e privatizando servizos esenciais para a sociedade, para elo, os dereitistas do goberno, acordan acabar coas conquistas sociais, salariais e laborais que custaron anos de loita.
Non agardemos máis, mobilicemo-nos, participemos nas mobilizacións contra os recortes e o desmantelamento dos Servizos Públicos.
OS SINDICATOS CON REPRESENTACIÓN NA ÁREA PÚBLICA:
CIG, CCOO, UGT, CSI-F, USO, CGT, SAE, CESM, OMEGA e STAJ
CONVOCAN:MANIFESTACIÓNS EN TODAS AS CIDADES GALEGAS PARA O
LUNS 30 DE XULLO
EN FERROL: SAÍDA ÁS 20:30 hs. DA PRAZA DE ESPAÑA (PRAZA DA PORTA NOVA) E REMATE NA PRAZA DO CONCELLO DIANTE DO PAZO MUNICIPAL.
"Na defensa dos servizos públicos"
"Non aos recortes dos nosos dereitos"
CONTRA OS RECORTES E DESMANTELAMENTO DOS SERVIZOS PÚBLICOS .
CONTRA OS ENGANOS E OS SAQUEOS ÀS NOSAS NÓMINAS.
CONTRA OS ATAQUES A NOSA DIGNIDADE COMO EMPREGADOS PÚBLICOS.
Foto: Manifestación de traballadores públicos, ás portas do Parlamento CC BY-SA Merixo
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon