Ocupación de finca militar en Ecija polos xornaleiros e xornaleiras andaluces
Ao redor de 1.000 sindicalistas ocuparon esta mañá a Leira "Las Turquillas" onde se sitúa a ieguada Militar do Exército. A finca, dependente do Ministerio de Defensa, ten 1.200 hectáreas, a inmensa maioría en baldío, dado que o Exército só utiliza 20 hectáreas para a ieguada.
Tras percorrer o quilómetro que separa a estrada da finca penetrouse en Zona Militar -advertida por grandes cartelóns- e alcanzouse o recinto militar onde unha comisión do SAT entrevistouse cos mandos militares. Dentro do recinto militar esperaba unha compañía de antidisturbios da Garda Civil e tropas militares polo que en asemblea decidiuse non forzar a entrada ao recinto e permanecer na zona militar da finca, iniciando os traballos de infraestructura e logística para permanecer na mesma.
Esta tarde xa se está habilitando unha zona onde esta mesma noite máis de 100 compañeiros e compañeiras quedaranse a pasar a primeira noite en "La Turquilla" ocupada.
O Portavoz Nacional do SAT, Diego Cañamero, sinalou que o obxectivo da ocupación é "que a terra pase a mans das traballaoras e traballadores" e que a finca, dedicada á cria de cabalos, pase a ser utilizada por cooperativas de traballadores e traballadoras.
"Non queremos a propiedade da terra, queremos o seu uso", enfatiza Cañamero, "que a terra sirva para dar traballo e crear riqueza, e non para recibir subvencións de Europa".
O dirixente sindical destacou que a comarca sevillana onde se sitúa a finca sofre "un 40% de paro" e, ante esa situación, "non pode ser que terras públicas ou privadas poidan estar alleas á realidade dun pobo que xa non sabe que facer co paro". "Queremos demostrar que, en mans de cooperativas, a finca terá outro uso, pensando na creación de traballo e en sacar productividade á terra e non só en subvencións da UE", explicou Diego Cañamero.
Sobre o trato cos militares que traballan no centro de reprodución equina da finca ocupada, Diego Cañamero dixo que o trato foi cortés e que "non temos nada en contra deles".
Ante a vixilancia das forzas de seguridade que acompañou a ocupación, que se desenvolveu sen incidentes, o dirixente sindical declarou que "viñemos a quedarnos, non é unha ocupación simbólica. Somos conscientes, creemos no que facemos e facémolo pacíficamente", declarou Cañamero, que asegurou que "si nos expulsan, volveremos e farémolo até que o goberno ceda esas terras as traballadoras e traballadores".
http://youtu.be/LotzYWgG3SU
Fonte: http://www.sindicatoandaluz.org/
Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
-avesteiro@galicia.com-
27 de julho de 2012 18:45
_________
1 comentarios so far
Boa nova, a ver se aprendemos d@s compañeir@s andaluces :)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon