xoves, xullo 05, 2012

O Comité Cidadán de Emerxencia mantivo unha xuntanza con representantes do Grupo Parlamentario do BNG en Compostela, sobre a última Sentenza ditada polo Tribunal Supremo que ilegaliza a Reganosa - O Comité Cidadán convoca dúas citas de moita importancia: Asemblea Cidadá (9 de Xullo) e Marcha a Pé até Mugardos (20 de Xullo)

Tags


Na súa última reunión plenaria o comité Cidadán de Emerxencia acordou facer unha xira informativa e deliberativa cos grupos políticos -en diferente ámbito, para informar do contido da Sentenza do Tribunal Supremo que ilegaliza a Planta de Gas -Reganosa, instalada en Punta Promontorio (Mugardos), no mesmo corazón da nosa Ría. esta é unha nota enviada polo Comité logo de que tivera lugar a reunión co Grupo Parlamentar do BNG en Compostela.


Reunión do CCE co Grupo do BNG no Parlamento de Galicia

Xuntanza dunha representación do CCE co Grupo Parlamentario do BNG, no Parlamento de Galicia o dia 3 de Xullo de 2012

A xuntanza celebrase despois da petición cursada polo Comité Cidadán de Emerxencia a todos os grupos do Parlamento de Galicia, tras a Sentenza inapelable do Tribunal Supremo que anulou a modificación do PXOM de Mugardos que serviu de base para a construción da planta de gas de Reganosa.

Asistiron a reunión: polo Grupo do BNG; Ana Ponton Mondelo e Fernando Blanco Parga e polo CCE, Luz Marina Torrente López, Manuel A. Rguez. Carballeira, Eliseo Zaera Rios, Humberto Fidalgo Couce.

Por parte do CCE, fíxose unha exposición do percorrido administrativo, xudicial e mobilizador ata esta sentenza do Supremo, lembrando o carácter perigoso da planta de Reganosa, unha ameaza para miles de persoas, que acelera a destrución do ecosistema da Ría, sendo ademais unha instalación deficitaria que nos custou, no ano 2011, perto de 58 millóns de euros. Tamén se puxeron en coñecemento do BNG, as actividades irregulares de Reganosa coa carga e descarga de GNL, as novas agresións á Ría, como o dragado da canle de entrada, ou o numero de dias baixo mínimos da planta durante o 2011.

Tendo en conta que a ilegalidade da planta de Reganosa e insubsanable, o CCE recabou unha actuación decidida e coherente do Grupo Parlamentario do BNG o través das seguintes iniciativas parlamentarias:

Solicitar do Goberno da Xunta de Galicia, o axeitado cumprimento da sentenza do Supremo

Abrir unha Comisión de investigación sobre a actividade de Reganosa.

Ferrol, a 3 de xullo de 2012

--

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
4 de julho de 2012 16:41

__________

Documentos:

RECURSO CASACIÓN Num.: 451212008 SENTENZA TRIBUNAL SUPREMO | SALA DO CONTENCIOSO·ADMINISTRATIVO SECCIÓN: QUINTA 11.05.2012

T.S.X.GALICIA A CORUÑA SENTENZA: 00311/2008 - COH/AD SEC.2 22.04.2008
______________________________

Actos convocados polo Comité Cidadá:

ASEMBLEA CIDADÁ
O LÚNS 9 DE XULLO, ÁS 8 DA TARDE
NA SALA DE ACTIVIDADES
DO IES CARVALHO CALERO DE CARANZA

MARCHA A PÉ FERROL-MUGARDOS
O VENRES 20 DE XULLO, ÁS 5 DA TARDE
SAÍDA DESDE O PARQUE 'CARMELO TEIXEIRO' DE CARANZA
REMATE NA PRAZA DO MERCADO DE MUGARDOS
CUN ACTO FESTIVO E REIVINDICATIVO

_______________________________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon