CONCENTRACIÓN NO PEIRAO DE CURUXEIRAS,
NO PORTO DE FERROL
NO BARRIO DE FERROL-VELLO
NO PORTO DE FERROL
NO BARRIO DE FERROL-VELLO
ÁS 8 DA TARDE, DO MÉRCORES 18 DE XULLO
O "LNG Ogun", un buque gaseiro, de grande porte, de 285,1 metros de eslora por 43.4 de manga, 50 de puntal e un calado de 12 m; cargado con miles de toneladas de GNL/LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa; ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Mércores 18 de Xullo de 2012. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa o 122, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.
Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Mércores, ás 8 da Tarde, mais desta volta a Concentración terá lugar no peirao de Curuxeiras do Porto de Ferrol, no barrio de Ferrol-Vello.
Esta é a segunda entrada que se produce despois de ditada a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel..
O CCE aproveita para convidar a toda a cidadanía a participar na VI Marcha a Pé Ferrol-Mugardos, que se celebrará o venres, 20 de xullo, partindo ás 17 hs, do Parque Carmelo Teixeiro de Caranza – Ferrol, para chegar ao Campo dos Carneiros (**) en Mugardos en torno ás 20,30 hs, onde se pode disfrutar da camaradería, da música e da comida.
A marcha pódese facer completa ou por etapas, a pé, en bici, en coche. Colaborando con coches de apoio. Agardando en Mugardos aos que chegarán camiñando.
PARTICIPA E DIFUNDE
Tras a recente sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
PASO A PASO, PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA
(**) O espazo onde remata a Marcha, en principio anunciada para a Praza do Mercado, onde se viña celebrando nas últimás edicións, trasládase por decisión do Concello de Mugardos ao Campo dos Carneiros, lugar a carón das Vivendas Sindicais de Mugardos.
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
8 de maio de 2012 19:22
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon