martes, xullo 17, 2012

Piden colaboración para difundir a VI Marcha a Pé a Mugardos 'Paso a Paso, Planta de Gas Fora da Ría' - Chamamento a participar na mobilización sinsindical unitaria contra os recortes do goberno español

Tags


Xoves 19 de Xullo: Solicitude de colaboración do CCE


Como acto de información e difusión da VI Marcha a Pé Ferrol Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convida a cantas persoas queiran colaborar a un reparto masivo de propaganda, antes da saída da manifestación convocada por todos os Sindicatos contra os recortes do goberno.

Xoves, 19 de Xullo

Punto de encontro: Praza do Inferniño, a carón da Parada das Bicicletas municipais e Parada de Taxis.

Hora: 19,45

O CCE aproveita para convidar a toda a cidadanía a participar na VI Marcha a Pé Ferrol-Mugardos, que se celebrará o venres, 20 de xullo, partindo ás 17 hs, do Parque Carmelo Teixeiro de Caranza – Ferrol, para chegar ao Campo dos Carneiros (**)en Mugardos en torno ás 20,30 hs, onde se pode gozar da camaradería, da música e da comida.

A marcha pódese facer completa ou por etapas, a pé, en bici, en coche. Colaborando con coches de apoio. Agardando en Mugardos aos que chegarán camiñando.

PARTICIPA E DIFUNDE

Tras a recente Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.

PASO A PASO, PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA

(**) O espazo onde remata a Marcha, en principio anunciada para a Praza do Mercado, onde se viña celebrando nas últimás edicións, trasládase por decisión do Concello de Mugardos ao Campo dos Carneiros, lugar a carón das Vivendas Sindicais de Mugardos.

  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
16 de julho de 2012 14:17

_____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon