Resolucións da Asemblea Cidadá. Fotos e audio.
Onte, lúns 9 de xullo de 2012, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia, e cunha nutrida representación das entidades que o conforman e numerosas participacións personais, celebrouse a Asemblea Cidadá, na que se analizou a situación actual da Planta de Gas, tras a Sentenza do Tribunal Supremo que ven a confirmar a ilegalidade da ubicación de Reganosa e das actuacións administrativas que autorizaron o seu funcionamento.
Súmase agora a súa condición de ser unha Planta innecesaria, deficitaria, destrutora do medio e da economía da Ría e unha ameaza permanente para a poboación, unha nova e grave situación: Declarada xudicialmente ilegal, carece de cobertura de riscos ante calquera dano producido.
Coincide a celebración desta Asemblea co fallo xudicial (unha condena de sete meses, seis de seis e unha absolución) contra os oito mariscadores acusados de impedir no 2007 a entrada dos gaseiros. Aquelas accións, como toda a cidadanía sabe, e o xulgado decide ignorar, foron convocadas polo CCE participando nelas, amais de numerosos mariscadores, máis de duascentas persoas cuxa autoinculpación foi desestimada, nun claro intento de desvincular o tema do que era a súa principal motivación: A defensa da vida e da ría fronte a ameaza de Reganosa e do ilegal tráfico de gaseiros.
A Asemblea acordou seguir amosando a súa solidariedade cos traballadores e traballadoras do mar, e continuar co seu apoio caso de recorrerse a sentenza.
Para o CCE e para a Asemblea Cidadá quedou claro que a sentenza inapelable do T.S. Marca unha nova etapa de traballo que irá centrada en esixir dos poderes públicos a paralización da actividade de Reganosa.
Desde o ámbito institucional, se emprenderán accións ante o Valedor do Pobo, a Fiscalía Anticorrupción, e os Parlamentos, instando o peche de Reganosa e a depuración de responsabilidades. Tamén no eido local serán presentadas Mocións solicitando o posicionamento dos Concellos ante a nova situación da Planta.
Nas próximas datas terán lugar unha serie de accións encamiñadas a dar a coñecer a cidadanía todas estas actividades emprendidas.
Rematou a Asemblea, convidadando a toda a cidadanía a participar na VI Marcha a Pé Ferrol – Mugardos, que partirá ás 17 hs, do venres 20 de xullo do Parque Carmelo Teixeiro de Caranza, para chegar aprox, as 9 da noite á Praza do Mercado de Mugardos, onde se celebrará un sinxelo acto de confraternidade, con música e viandas como é habitual.
Audios da Asemblea:
1 .- Asemblea Cidadá en Defensa da Ría, na loita contra o despropósito gasista de Reganos - Audio -1
Ir a descargar
2.- Asemblea Cidadá en Defensa da Ría, na loita contra o despropósito gasista de Reganos - Audio -2
Ir a descargar
3.- Asemblea Cidadá en Defensa da Ría, na loita contra o despropósito gasista de Reganos - Audio -3
Ir a descargar
Audios: Comité Cidadán.
Fotos: Susete'70 e Galería do Comité Cidadán.
--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Documentos:
RECURSO CASACIÓN Num.: 451212008 SENTENZA TRIBUNAL SUPREMO | SALA DO CONTENCIOSO·ADMINISTRATIVO SECCIÓN: QUINTA 11.05.2012Enlace para acceder ou baixar o Cartaz da VI Marcha a Pé entre Ferrol e Mugardos, formato -pdf: |Ir ao Cartaz|
T.S.X.GALICIA A CORUÑA SENTENZA: 00311/2008 - COH/AD SEC.2 22.04.2008
Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
10 de julho de 2012 10:44
______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon