Anova considera Reganosa un “crime” e aposta polo seu traslado fóra da ría
Reportaxe de Montse Mayoral no Diario de Ferrol
A escisión nacionalista encabezada por Xosé Manuel Beiras, Anova, adicou unha das dúas únicas resolucións aprobadas na súa sesión constituínte á planta de Reganosa, concretamente a través do seu apoio á marcha do Comité Cidadán de Emerxencia do pasado día 20. O líder estivo onte en Ferrol para manter un encontro cos membros da entidade opositora á regasificadora de Mugardos e explicar nunha rolda de prensa que dita instalación “é un crime”.
A súa formación defende o traslado da planta fóra da ría e unha reformulación do seu perfil empresarial para garantir o control público.
Beiras salientou que a diferencia entre crime e delicto é que o segundo está tipificado no Código Penal e dixo que “se hai que modificar o marco legal para que o fenómeno criminoso non sexa delituoso, iso é prevaricación”. O líder de Anova referiuse así á afirmación do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de que había que buscar o encaixe legal á planta, tras a sentenza do Tribunal Supremo que di que se construíu en contra da ordenación urbanística. “A planta non pode continuar aí”, dixo Beiras tallante, para seguir apostando polo seu traslado ao porto exterior de Ferrol e por que sexa una empresa pública ou mixta pero, en todo caso, “sometida ao control democrático”.
Xosé Manuel Beiras cualificou como “surrealista” que as únicas persoas condeadas en relación con Reganosa sexan uns mariscadores e subliñou que o peor da regasificadora “é a súa perigosidade para milleiros de cidadáns que viven nun radio de dous quilómetros”.
Ateneo Ferrolán
Beiras, que tamén expresou a súa solidaridade coa actual reivindicación do Ateneo Ferrolán para manter a exclusividade da súa sede, ofreceu a rolda de prensa acompañado de Xosé Manuel Pazo e Mónica Fernández, dous dos tres representantes da comarca na coordinadora nacional de Anova, e de Antón Araúxo, o responsable de organización.
Foto de Jorge Meis.
Diario de Ferrol 9 de Agosto de 2012
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon