Non paran e xa teñen programado máis, son as cidadás e cidadáns de "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos". Unhas mobilizacións innovadoras e creativas, ... denunciar construindo; denunciar facendo, denunciar traballando; denunciar que se podería crear emprego; denunciar o abandono do noso patrimonio cultural, natural e histórico; denunciar a situación inxusta de desemprego; denunciar o malgasto, ... ademais gañan en autoestima, gañan en confraternización, gañan en amistade, gañan na satisfacción que dá o traballo comunitario e ben feito, ... gañan en que se están mobilizando.
Desta vez foi na Batería de San Cristovo, era a segunda xornada neste mesmo lugar, e aínda queda unha terceira ou máis xornadas. Desta vez centraronse na limpeza da "parte central da fortaleza, e na muralla exterior ao mar".
Segundo as súa propias palabras "os traballos nesta ocasión, a pesar de ser máis xente que nunca, e de dispor de máis rozadoras, foi moi lento. Hai toxos que o cobren todo, case parecen árbores. Unha veciña comentaba, que fará 4 anos dende a última vez que se limpou algo a zona".
E continúan "Teremos que ir con sumo coidado nos labores, pois as hedras que deixaron crecer ao seu antollo, cobren por completo as murallas e actualmente forman parte da estrutura e axudan na suxeición das pedras".
Desta vez o colectivo contou con novas incorporacións, até a dunha veciña do lugar, así como a colaboración de dous nenos que axudaron como o que máis.
De novo manifestaron a súas reivindicacións centradas no malgoberno local: "Esiximos ao grupo de goberno municipal, que saiba estar á altura das circunstancias e que recapaciten sobre o malgasto de 700.000 euros para a Praza de España, eses cartos poden axudar a paliar as necesidades de moitas familias da comarca. Esiximos a creación de cuadrillas de traballo contratadas directamente polo Concello para a reparación, limpeza e saneamento dos espazos públicos".
Tamén fan mención, as Cidadás e Cidadáns de Acción Directa, ao que o propio Concello ten públicado na súa páxina web no primeiro paragrafo do 'cutre' apartado de Candidatura Ferrol Patrimonio da Humanidade:
"A importancia histórica e cultural do conxunto formado polos castelos da ría de Ferrol e do Arsenal Militar, froito da racionalidade da Ilustración, é de sobra coñecida por todo os ferroláns. Estas instalacións constituían, no século XVIII, a maior base naval militar de Europa e facían da ría un fortín inexpugnable desde o mar, tal e como amosan as infrutuosas incursións inglesas".
Despiden-se facendo referencia a este detalle da web do Concello con humor e un até a volta nunha nova xornada de traballo comunitario:
"Esta vez as malas herbas lograron acabar con esa fama de inexpugnables que nos deron os ingleses"
"Grazas a tod@s e ata a seguinte, que será a III Xornada de traballo na Batería de San Cristovo".
Para máis información, pode-se visitar o Blogue ou as contas nas redes sociais, tamén facilitamos os telefonos e correo-e.
Calquera cidadán ou cidadá que queira sumarse a estas tarefas solidarias só ten que comunica-lo.
--
e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com
Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497
O noso blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/ é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións e faise eco doutros exemplos solidarios e comunitarios que están a suceder na bisbarra.
Facebook: https://www.facebook.com/groups/444525015569821/
Enlaces relacionados:
- Ártabra 21: Hoxe segunda xornada de traballo comunitario no Castelo de San Cristovo - Así foi a "Acción sorpresa", limpeza e recuperación dun lavadoiro na zona d'A Cabana
- Ártabra 21: Primeira Xornada de Traballo Comunitario no Castelo de San Cristovo
- Ártabra 21: Segunda Acción Comunitaria de Recuperación de Espazos Públicos, desta vez no Castelo de San Cristovo
- Ártabra 21: Rematou o traballo comunitario no antigo lavadoiro da Mina de Ponzos - En marcha a próxima Acción
- Ártabra 21: Acción Comunitaria para recuperar os espazos públicos: Tarefas de limpeza e desbroce do lavadoiro da mina de ouro de Ponzos - Sabádo 11 de Agosto
recuperaciondeespazospublicos
-recuperaciondeespazospublicos@gmail.com-
26 de agosto de 2012 00:21
___________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon