domingo, agosto 26, 2012

Non é unha "chapuza" é un crime, de novo o goberno español lexisla contra as persoas máis desprotexidas

Tags


Ante as medidas do goberno dereitista do Partido Popular, presidido por Mariano Rajoy, o chefe da "oposición", o Sr. Rubalcaba, calificaba ás medidas contra os desempregad@s de "chapuza", cando realmente é un crime. "Persoas" con varios salarios multimillonarios, e plans de pensións, xubilacións e indenizacións de superluxo, son capaces de atacar ao colectivo de traballadores máis vulnerábel "@s sen emprego", xeneralizando e alimentando a sospeita, do chamado "fraude" dos pobres, sobre millóns de traballadores que non poden acceder a un emprego digno que este Sistema (O Capitalismo) é incapaz de crear. Non teñen reparo en declarar amnistías fiscais para capitalistas e especuladores, e para facilitar o branqueo do diñeiro procedente do narcotráfico e da trata e explotación sexual de mulleres.

Varios medios de comunicación falan da letra pequena do Real Decreto-lei aprobado polo Goberno Español que prorroga o programa de axuda para as persoas que esgoten a súa prestación por desemprego. Fan mención que a publicación no BOE das medidas anunciadas, desvelou novas esixencias para quen queiran acollerse ao mesmo. Que coa nova normativa, @s desempregad@s, van ter máis difícil acceder a este subsidio,  que ademais de agardar dous meses para poder solicitar o subsidio, terán que demostrar á administración que, efectivamente, buscaron emprego "de xeito activo" durante polo menos un mes completo.

Estes vergoñentos políticos fieis servidores do Capital, estiveron xogando co pan de moitas miles de persoas, coa incerteza de garantir o dereito á vida e á seguridade. Non se pode xogar co pan da xente, nen cos dereitos fundamentais. Todo o mundo ten dereito a unha renda básica para poder vivir con dignidade, á alimentación, á vivenda, á sanidade, á educación, ao traballo, ... á liberdade, e un Estado ten que garantir este dereito. Se este Sistema non garantiza estes dereitos, non vale e hai que cambia-lo. O primeiro é conseguir que se vaian estes corruptos e servidores do Capital, hai que bota-los! Logo a pola constituínte.

Documentación.-
BOE: Real Decreto-lei 23/2012, de 24 de agosto, polo que se prorroga o programa de recualificación profesional das persoas que esgoten a súa protección por desemprego.
________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon