As Cidadás e Cidadáns de 'Acción Directa de Recuperación dos Espazos Públicos', comezaron a a primeira xornada de traballo comunitario na contorna do Castelo de San Cristovo, con poda das árbores, roza da vexetación do miradoiro, así como limparon as escaleiras de baixada ao Castelo.
O Castelo de San Cristovo, declarado Ben de Interese Cultural, é parte do noso Patrimonio Histórico e Arquitectónico, está situado na marxe norte da canle de entrada na Ría, entre o porto Exterior e o Castelo de San Filipe (Coordenadas: 43°27'57"N 8°18'14"W). É unha batería fortificada costeira construída durante o século XVIII para defender a entrada do porto de Ferrol. Non hai moito tempo que tivo unha actuación para a súa recuperación e posta en valor dentro do programa de "Ferrol Patrimonio da Humanidade". Próximo ao Castelo de San Cristovo, tamén podemos atopar 'O castelo de San Carlos' (Outra batería fortificada do XVIII), baixando pola mesma pista á dereita a menos de dous quilometros.
As Cidadás e Cidadáns procuraron en todo momento, no desenvolvemento da acción, ter coidado en repeitar a vexetación autóctona e especies protexidas, sendo asesorados neste aspecto por parte do membro de Verdegaia, Antón Fortuna.
A próxima xornada de traballo comunitario estará centrada no mesmo Castelo.
Para máis información, pode-se visitar o Blogue ou as contas nas redes sociais, tamén facilitamos os telefonos e correo-e.
Calquera cidadán ou cidadá que queira sumarse a estas tarefas solidarias só ten que comunica-lo.
e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497
Facebook: https://www.facebook.com/groups/444525015569821/
Evento no Facebook: https://www.facebook.com/events/290720801036033/
"Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos".
O noso blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/, é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións e faise eco doutros exemplos solidarios e comunitarios que están a suceder na bisbarra.
A Noticia no xornal dixital 'Praza Pública':
"Se o Concello non o fai, facémolo nós"
Enlace relacionado:
Ártabra 21: Segunda Acción Comunitaria de Recuperación de Espazos Públicos, desta vez no Castelo de San Cristovo.
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon