Promovida pola Asemblea de Desempregad@s da CIG, comeza o cultivo da Horta Comunitaria de Caranza.
Non fai falta estar afiliado á CIG toda persoa desempregada ou con emprego en precario (a tempo parcial, contratos curtos, pensionistas con prestacións baixas, ..), poden achegar-se até as inmediacións da rúa Cartaxena, no Paseo Marítimo de Caranza, onde hai 5.353 m2 actos para o cultivo, onde xa temos feito unha proba nunha bancada, onde plantamos xudías e millo e saíron sen dificultade.
O vindeiro 3 de Agosto, ás 19:30 horas, vai ter lugar o comezo do cultivo desta Horta que ten como "obxectivo recuperar o ánimo do traballo, aprender unha profesión, axudar na casa con produtos de horta básicos e agrupar á xente para emprender mobilizacións de cara a visualizar o problema do desemprego e presionar ao sistema para que cree emprego urxentemente, exemplo: pagadas pola Xunta ou o concello, cuadrillas de limpeza da zona intermareal da enseada de Caranza".
Contacto:
André - 605455340
andre.martinez.ces@gmail.com
Para ampliar clicar acima da imaxe
Enviado por:
André
andre.martinez.ces@gmail.com
31 de julho de 2012 15:55
____
4 comentarios
Vou estar desde o primeiro nesa nova horta
Non son anónimo, son epdi
E non sería mellor ocupar a Estación Radio en San Mateo que ten varias Hectáreas cultivables e mesmo instalacións aproveitables para criar gando? Estariamos quitándolle ao Ministerio de Defensa unhas instalacións que levan abandonadas máis de 10 anos e convertendoas nun espazo productivo
Unha cousa non quita a outra.
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon