A crise económica
é utilizada como escusa polo actual goberno (e polas autonomías afíns) para
realizar profundos recortes na sanidade
pública que están a producir un impacto notable na calidade asistencial e
nas condicións laborais dos sanitarios. O obxectivo real non é reducir o gasto
público senon conseguir o desvío de parte dos orzamentos cara petos privados.
Non tratan de procurar a eficiencia nin de garantir a continuidade do sistema,
como afirman de forma enganosa; o que pretenden é crear espazos de negocio que
permitan xerar ganancias a expensas do diñeiro público.
Xa decía Naomi
Klein (“La doctrina del shock”) que
cómpre debuxar escenarios de catástrofe –reais ou imaxinarios- que provoquen o
pánico colectivo e que permitan adoptar medidas prexudiciais para amplias
maiorías sen que éstas ofrezan resistencia, paralizadas polo temor e a desunión.
O medo a un futuro peor e a imposición da política de recortes como única
posible produce un efecto anestésico que aborta a reacción popular. O pensamento
ultraliberal elaborado en diversas factorías (FMI, Faes, Fundación Idis,
Fundación Bamberg etc) e divulgado polos medios de comunicación afíns –a inmensa
maioría-, é asumido pola poboación de xeito resignado, como unha verdade
absoluta.


O Real Decreto Ley 16/2012, aprobado
polo goberno de Rajoy por vía de urxencia, furtando o debate parlamentario,
supón un auténtico atentado contra do
actual sistema sanitario, unha bomba en plena liña de flotación. De xeito
hipócrita sinalan que son medidas urxentes para “garantizar la sostenibilidad del Sistema
Nacional de Salud (SNS)”. Trátase de todo o contrario. Ademáis de obrigar ao copagamento nas medicinas e noutras prestacións
(próteses, transporte sanitario etc), esta lei introduce cambios que representan
unha auténtica contrarreforma
sanitaria. Vexamos algúns contidos desta norma.


Esta é a
sociedade que está a construir este goberno capitaneado por Rajoy. Non é a crise
a responsable deste porvir ameazante, son as decisións políticas do grupo
gobernante as que nos condenan a este futuro. A ideoloxía ultraliberal e supremacista
que inspira estas normas está a provocar o regreso a un pasado que criamos
vencido e sen retorno. Haberá que facer todo o posible para desvialos deste
camiño.
Pablo Vaamonde: Nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A
Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria
(1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria
(AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A
Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi
director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi
membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de
Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres
libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz
Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo
seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de
Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de
A Coruña.
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||| ||||| ||| || |
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon