venres, outubro 26, 2012

A Rede de Apoio Mutuo volveu funcionar nas sindicais de San Pablo


Hoxe estaba previsto un novo desafiuzamento nas sindicais de San Pablo no barrio ferrolán de Catabois. Unha parella e a súa filla de 8 anos, tiñan a súa vivenda habitual ameazada de lanzamento xudicial, para as 11 da mañá. Un numeroso grupo de persoas, secundando o chamamento da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, achegaron-se até o número 7 da Rúa do Choupo, para amosar a súa solidariedade coas persoas ameazadas de desaloxo. Persoas sen traballo, nen medios básicos de vida. A falta regular de ingresos non lles permite afrontar gastos básicos para poder vivir, só sobreviven. Non podían facer fronte a unha débeda de 1800 euros que se correspondían con 10 meses de aluguer a un particular, propietario da vivenda que tamén sofre os problemas da Estafa chamada Crise.

A Rede de Apoio Mutuo, puxo-se en funcionamento en pouco menos de 24 horas, para afrontar a inxustiza que se estaba cometendo con esta familia moza, cunha crianza ao seu cargo. Nai e filla con problemas de saúde crónicos. O compañeiro Suso Díaz, activista da Rede e responsábel sindical e veciñal, comezou a mover as ferramentas de denuncia e alarma, para que grupos municipais e servizos sociais cumpriran a súa obriga de socorrer a unha veciñanza con problemas de subsistencia básicos.

A Rede volveu funcionar as xestión cos grupos municipais, con servizos sociais e o propietario da vivenda, e a mobilización social e denuncia pública, deu o seu resultados positivos, aínda que paliativos, conseguiu-se deter unha inxustiza, mais a inxustiza maior é a falta dunha renda básica de subsistencia que deberíamos ter toda a cidadanía, como o acceso a unha vivenda e un traballo digno.

O acordo foi que Servizos Sociais do Concello, fan-se cargo da débeda e dos tres vindeiros meses, prorrogábeis por outros tres, mentres a familia no recibe o RISGA[1].

Non pode ser que se rescate aos bancos e non ás persoas. Non pode ser que mesmo nesta cidade haxa máis de 9.000 vivendas baleiras[2] e miles delas sen estrear e as persoas non teñan garantido o dereito a unha vivenda digna. Se somamos as vivendas baleiras do conxunto da Comarca son máis de 16.000 segundo os dados facilitados polo IGE.

Xuntanza de Coordinación da Rede

Pola tarde, en Caranza, no local social de Fuco Buxán AC, celebrou-se unha xuntanza de coordinación da Rede, para analizar os pasos dados e a solución conseguida no caso da ameaza de lanzamento nas Vivendas Sindicais; un novo caso en Esteiro e o caso pendente de Manuel e Pilar nas Rosas de Caranza, onde se conseguira unha revisión do expediente por parte do BBVA e o aprazamento de dous meses do lanzamento xudicial.

Acordou-se de facer todo o posíbel para que as persoas con problemas de desafiuzamentos inxustos, teñan un apoio social e se fagan visíbeis as problemáticas derivadas da situación desemprego ou de pobreza. E reclamar unha renda universal que cubra a subsistencia básica das persoas.

Acordou-se dar uns telefonos  e correo-e de emerxencia para activar a Rede en caso de necesidade.

Telefonos:
Elena Casal  - 637799350 (só polas tardes)
Rafael Pillado - 633100354
Inácio Martínez - 645158113
Luis Matalobos - 644256364

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Próxima Xuntanza de Coordinación:
Día: Martes 6 de Novembro.
Hora: 6 da Tarde.
Lugar: Caranza, local social de Fuco Buxán (Rúa Armada Española, 32 - Baixo.Telefono 981325492).
Obxectivo: Recadar información sobre todos os casos pendentes e facer o seu seguimento, información e análise da entrevista co avogado Emilo Jaudenes,  ...

Continuará. ..

[1] Renda de Integración Social de Galicia, que en Ferrol, a pesar dos falsos rumores que se corren, só percibían en 2011, datos do 24.02.2012: 243 persoas, das cales 169 eran mulleres e 74 homes -Ver.

[2] En datos de hai 11 anos, no 2001, eran xa: 7.559 segundo o IGE (Censos de poboación e vivendas 2001. Elaboración propia a partir dos ficheiros proporcionados polo INE). -Ver.
__________

3 comentarios

é certo que o concello de ferrol ofreceuse a pagar os 1800 euros ao propietario da casa pero eles dixeron non porque querían recibir os cartos en man?

Cuestionar con esa pregunta a vontade da familia para pagar é unha falta de respecto
saúde

Xa empezamos a estar cansos de que Fuco Buxán queira ter todo o protagonismo. Xa estamos cansos


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon