Foi unha 'Acción sorpresa' no Parque Monumento Torrente Ballester, na parroquia ferrolán de Serantes, "unha paraxe descoñecida para a maioría dos cidadáns de Ferrol. Neste parque botánico os alumnos do colexio Isaac Peral, coa colaboración do proxecto Voz Natura, plantaron unha serie de árbores; castiñeiros, aciñeiras, abruños, loureiros, madroños, etc. Pero por desgraza o Concello de Ferrol tíñao totalmente descoidado".
Un grupo madrugador do Colectivo Cidadán 'Acción Directa pola Recuperación dos Espazos Públicos', achegou-se este Sábado, 27 de Outubro de 2012, pola mañá ao lugar, para cortar de maleza e recoller lixo espallado por todo o 'Parque'.
Unha mestra do citado colexio público 'Isaac Peral', que se achegou ao lugar polo mediodía, quedou estrañada de que fosen uns cidadáns os que estiveran a realizar esas tarefas, explicaron-lle o labor e obxectivo do seu Colectivo, e quedou interesada nos labores que realizaban. Comentou-lles, que normalmente, e a petición do Colexio, realizan-se dúas limpezas na zona ao ano, e que precisamente ía solicitar ao goberno municipal que se acometese a limpeza, pois quería traer aos nen@s a visitar o lugar. Mostraron-lle que entre os restos que retiraran atoparon restos de ramas de árbores e unha importante cantidade de lixo, e apuntaron en que se o Concello envía a alguén a limpar a maleza, que deberían realizar unha poda e tamén recoller o lixo acumulado na zona.
Segundo publica o Diario de Ferrol (xornal que leva un seguimento das accións deste colectivo, poñendo en valor o traballo comunitario que realizan), o espazo sobre o que o Colectivo Cidadán 'Acción Directa' actuou onte, son sobre uns 1.500 metros cadrados. Tamén informa que o Colectivo continuará desenvolvendo máis intervencións deste tipo e que esta semana, que entra, finalizarán os traballos na batería de San Cristovo, onde aos voluntari@s resta-lles por limpar parte do seu muro norte.
Cumpre lembrar que os obxectivos do Colectivo de Cidadáns son claros e rotundos: reivindicar a creación de emprego e o dereito a un traballo digno; denunciar o malgasto do diñeiro público por parte dos que gobernan no Concello de Ferrol; e denunciar o abandono dos espazos públicos e do noso patrimonio natural, histórico e cultural, nunha cidade que aspira a ser Patrimonio da Humanidade. Este novo xeito de mobilización social, desperta simpatías entre sectores da poboación que ven nos grupos de acción directa do Colectivo, a uns defensores dos espazos públicos e dispostos a demostrar que se podería crear emprego se os gobernos quixeran.
Fontes: recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com e diariodeferrol.com.
Para máis información, pode-se visitar o Blogue ou as contas nas redes sociais, tamén facilitamos os teléfonos e correo-e.
Calquera cidadán ou cidadá que queira sumarse a estas tarefas solidarias só ten que comunica-lo.
--
e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com
Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497
O noso blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/ é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións e faise eco doutros exemplos solidarios e comunitarios que están a suceder na bisbarra.
Facebook: https://www.facebook.com/groups/444525015569821/
Enlaces relacionados:
- Ártabra 21: Hoxe Sábado 13 de Outubro, IX Xornada de Traballo Comunitario no Castelo de San Cristovo
- Ártabra 21: E xa son sete as xornadas de traballo comunitario no Castelo de San Cristovo
- Ártabra 21: Unha nova xornada de traballo comunitario no Castelo de San Cristovo, e van tres
- Ártabra 21: Así foi a segunda xornada de traballo comunitario no Castelo de San Cristovo
- Ártabra 21: Hoxe segunda xornada de traballo comunitario no Castelo de San Cristovo - Así foi a "Acción sorpresa", limpeza e recuperación dun lavadoiro na zona d'A Cabana
- Ártabra 21: Primeira Xornada de Traballo Comunitario no Castelo de San Cristovo
- Ártabra 21: Segunda Acción Comunitaria de Recuperación de Espazos Públicos, desta vez no Castelo de San Cristovo
- Ártabra 21: Rematou o traballo comunitario no antigo lavadoiro da Mina de Ponzos - En marcha a próxima Acción
- Ártabra 21: Acción Comunitaria para recuperar os espazos públicos: Tarefas de limpeza e desbroce do lavadoiro da mina de ouro de Ponzos - Sabádo 11 de Agosto
___________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon