Quen...?
Quen ía imaxinar hai 5 anos o que se nos viña enriba?
Quen podía supoñer este terrible ataque do poder globalizado contra as conquistas sociais e ambientais tan duramente conseguidas ao longo de décadas de loita?
Non poderíamos imaxinar un relato de medo máis arrepiante que todo o que está a acontecer.
A sinatura dun cargo público nun boletín oficial ten un poder maldito, como un rito de maxia maléfica. Unha simple sinatura basta para baixar soldos, eliminar pagas extras, degradar e poñer en perigo a sanidade e a educación públicas, subir o IRPF e o IVE, subir os servizos básicos, como a electricidade, a auga, a gasolina e o gas, meter man no intocable fondo da seguridade social, empobrecer o país, pechar empresas, xerar paro, xerar fame, acabar co noso futuro e o dos nosos fillos e fillas, acabar con dereitos humanos tan elementais que están recoñecidos na constitución que nos toca, dereitos como a sanidade, a educación, un traballo digno, unha vivenda digna e o propio dereito de manifestación, cada vez máis restrinxido e autoritariamente reprimido.
Pero este maleficio non só ataca os dereitos humanos e empobrece as economías débiles, senón que ataca á propia terra, ao mar e ao aire que respiramos. As sinaturas maléficas vomitan leis que desprotexen a costa, privatizan os montes, degradan o territorio, espolian a auga, soporte de toda vida, desmantelan a agricultura e a gandería tradicionais, desmantelan a pesca tradicional e o marisqueo, e impulsan un urbanismo, unha industria e un modo de transporte que contaminan o aire, a terra, os ríos, as rías, o mar.
A maxia das sinaturas maléficas decide cales son os “sectores estratéxicos” como a banca e, polo tanto, o seu rescate, a automoción, a desmesura dos grandes portos, das grandes estradas, do AVE, a acuicultura industrial, a minaría salvaxe, o negocio das telecomunicacións. O maleficio esquilma os recursos naturais, destrúe a terra e o mar, arruina o País e espolia aos seus habitantes, para entregar o recadado ao poder económico globalizado: as grandes multinacionais.
Non se consideran sectores estratéxicos a gandeiría nin a agricultura tradicionais, nin a pesca artesanal, nin o marisqueo, nin os montes e as rías que os sustentan. Non se considera estratéxica a soberanía alimentar, pese a que é a única garantía da nosa subsistencia nun futuro máis próximo do que imaxinamos. Non se considera sector estratéxico o transporte público, e desmantélase o tren convencional. Non se consideran sectores estratéxicos o noso territorio, a biodiversidade da nosa terra, a nosa paisaxe, o noso patrimonio histórico e cultural, a nosa identidade. Non se considera un sector estratéxico a defensa do aire, da terra, do mar, dos seres vivos, das persoas, da cultura, da fala, dos cabalos salvaxes, da paisaxe. Nós mesmos non somos un sector estratéxico.
Non se considera sector estratéxico ningunha forma de vivir que reparta a riqueza de todas e todos entre todas e todos. O feitizo da sinatura maléfica non permite que a riqueza sexa repartida, senón que a espolia e entrega aos bancos e ás multinacionais dos “sectores estratéxicos”, cuxa débeda privada o mesmo meigallo transforma en pública. O sortilexio maléfico serve a riqueza de todos en bandexa de ouro ao especulador para saciar a súa devastadora voracidade. Así rebente.
Débeda sobre débeda, miseria sobre miseria, riqueza sobre riqueza.
Maldita sinatura maléfica. Maldito maleficio.
E mentres:
Quen defende a terra e o mar?
Quen defende unha terra viva e unha vida digna?
Quen defende a utilización racional dos recursos naturais?
Quen defende o patrimonio natural e histórico?
Quen loita por unhas rías limpas?
Quen loita por uns ríos vivos?
Quen defende a nosa soberanía alimentar?
Quen defende un litoral público e natural?
Quen defende un urbanismo integrado na natureza e na nosa cultura?
Quen defende uns montes ben xestionados e con vexetación autóctona?
Quen defende a participación da cidadanía na xestión do noso?
Quen loita por unha xustiza incorruptible?
Quen loita polo respecto ás outras especies e a protección real da natureza?
Quen loita contra a minería salvaxe?
Quen defende un transporte colectivo eficaz?
Quen defende unhas alternativas enerxéticas públicas e conscientes?
Quen defende unha xestión responsable dos residuos?
Quen defende o fortalecemento do rural e a economía social na Galiza?
Quen defende a gandería?
Quen defende a riqueza forestal?
Quen defende a agricultura?
Quen loita contra a corrupción política e xudicial.?
Quen defende os dereitos socias?
Quen é quen de romper este maleficio?
Serán os políticos que din que nos representan? Os teóricos servidores públicos que traizoan ao pobo a quen se deben, e que actúan ao servizo do verdadeiro e espurio poder, o poder económico do capitalismo salvaxe?.
Será a xustiza a que nos defenda?
Serán as grandes empresas as que nos axuden?
Ou os bancos os que nos faciliten cartos para vivir?
O maleficio só podemos rompelo nós. As mulleres e homes desta terra...e posiblemente non precisa de grandes xestos, cada pequeno xesto ten o seu efecto. Tirémonos de enriba o meigallo, acreditemos en nós mesmos, xuntos podemos.
Outubro 2012
Rede Galiza Non Se Vende
fado
s.m.1. Forza sobrenatural que determina inevitablemente todo o que acontece. Ninguén pode burlar o seu fado. Sin. Destino, fatalidade, fortuna.
2. Canción popular portuguesa de carácter triste. Unha cantante de fados.
feitizo
s.m.1. Práctica supersticiosa coa que se pretende influír sobre alguén, xeralmente para causarlle algún mal. Non cre nos feitizos. Sin. Maleficio , meigallo. cf. sortilexio.
2. fig. Cousa que fascina e cativa. Seduciuna co feitizo da súa beleza. Sin. Encanto .cf. maxia.
sortilexio
s.m.1. Acción máxica de carácter maléfico, propia de meigas ou bruxas. Mediante un sortilexio a bruxa encantou a doncela. cf. feitizo, maleficio, meigallo.
2. fig. Influencia moi forte exercida sobre alguén. A súa presenza era coma un sortilexio que o transformaba.
_____________

Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon