sábado, decembro 15, 2012

A Xunta de Galicia aproba a Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto, desoíndo á oposición veciñal e ecoloxista


Unha mina de ouro a ceo aberto, en Corcoesto -emprazado nos concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso (comarca de Bergantiños), subsidiada pola Xunta de Galicia -co diñeiro de tod@s- e apoiada polo dereitista Partido Popular -PP, gobernando na actualidade no concello de Cabana, a Xunta e o Goberno Central, vai contaminar e destruír unha paraxe natural, ríos (o Anllóns), regatos, terras de cultivo, flora e fauna do lugar, ... en definitiva vida.

Aínda que a Xunta de Galicia, nunha nota informativa aos medios publicada na súa web, diga que a resolución (DIA) do órgano ambiental, foi emitida tendo en conta as achegas feitas por parte de organismos e colectivos durante as fases de consultas e de información pública, non deixa de ser unha afirmación para a galería, cubrindo deste xeito o expediente formal, para darlle saída a un trámite que posibilite o máis axiña posíbel o avance destrutor do proxecto mineiro en Corcoesto.

A mina de Corcoesto, promovida pola multinacional mineira Edgewater -con sede en Vancouver-Canadá, superou o trámite ambiental. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do proxecto de explotación do denominado Grupo Mineiro Corcoesto, xacemento promovido pola multinacional mineira que ten no alcalde de Cabana (José Muíño Domínguez) o seu maior fan, disposto a sacrificar o medio ambiente da zona. Desoíndo as alegacións veciñais e ecoloxistas contra o proxecto mineiro. No caso de non impedir a desfeita ambiental, escoitaremos falar moi moito do cianuro sódico, un composto moi tóxico, penosos e perigoso que se utiliza para a extración do ouro.

Esta DIA (Declaración de Impacto Ambiental), non estará dispoñíbel na web da Xunta de Galicia até o Luns 17 de Decembro de 2012 [DOG].

A mesma multinacional mineira Edgewater admite que no ecosistema da zona produciranse alteracións, mais a Consellería de Medio Ambiente, ... sostén que os requisitos incluídos na declaración de impacto ambiental aprobada servirán para "salvagardar"? os valores naturais da área do río Anllóns "de posibles afeccións".

O xornal dixital Praza Pública leva un seguimento pormenorizado de todo o proceso da loita contra o atropelo medioambiental do proxecto mineiro.

A mina de Corcoesto (Praza Pública):


13
Decembro 2012

12
Decembro 2012

8
Decembro 2012

14
Outubro 2012

31
Agosto 2012

20
Agosto 2012

    O BNG loitará no Parlamento Europeo pola prohibición do uso de cianuro en minas
    A nacionalista Ana Miranda e o eurodeputado alemán Reinhold Butiköfer, que se reuniron este sábado con membros da Plataforma en Defensa de Corcoesto, traballarán na Comisión de Industria e Enerxía para evitar proxectos coma o da empresa Edgewater. Na actualidade a lexislación europea recomenda non empregar cianuro, pero aínda non o prohíbe.

17
Agosto 2012

18
Xullo 2012

13
Xullo 2012

    Entidades mineiras sen ánimo de lucro?
    A Xunta destina 800 mil euros para subvencionar iniciativas e entidades que fomenten a minaría en Galicia e que non teñan como finalidade o beneficio económico. Os colectivos que loitan contra proxectos mineiros coma o de Corcoesto denuncian estas achegas.

24
Xuño 2012

    As falsidades de Feijoo sobre Corcoesto
    O presidente afirmou publicamente que a mina daría traballo a 1.400 persoas cando o propio proxecto de Edgewater prevé unicamente 271. A empresa extraería ouro durante menos dez anos, realizando fóra o resto de procesos e deixando hipotecado o futuro da comarca.

21
Xuño 2012

    Feijóo promete 1.400 empregos na mina de Corcoesto, que acabará nos tribunais
    O presidente da Xunta anuncia un investimento de 110 millóns nun proxecto que "aforrará 18 meses de trámites" grazas aos apois lexislativos do Goberno. A plataforma contraria á explotación asume que acabará recorrendo á Xustiza e advirte das numerosas irregularidades e do seu impacto medioambiental, tras lembrar que a compañía só garantiu menos de 300 postos de traballo.

17
Xuño 2012

13
Xuño 2012

6
Xuño 2012

    En loita contra a "bomba" de Corcoesto
    A plataforma pola defensa de Corcoesto vén de presentar alegacións ao proxecto da mina a ceo aberto prevista na zona e que tería, segundo denuncia, "un impacto abismal" no medio ambiente e na actividade socioeconómica da zona. O colectivo, apoiado por 1.300 sinaturas, denuncia o intento da empresa de "meter medo e dividir a xente" e denuncia a falsidade das súas promesas de emprego.

31
Maio 2012

Praza Pública coa licenza Creative Commons by-sa.

Colabora con diñeiro ou con coñecemento.
___________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon