venres, decembro 14, 2012

Rastrillo Solidario en Esteiro, organizado pola Asociación Grupo Diversidade Funcional de Ferrol e comarcas


Rastrillo Solidario

Estimad@s amig@s

Tod@s coñecemos as onerosas circunstancias nas que estamos inmers@s, coa escusa da espantosa crise na que os poderes financeiros sumiron á nosa sociedade, e os moi manidos "recortes" que sufrimos sen cesar, especialmente os sectores historicamente menos favorecidos polas Administracións.

No ollo do furacán debátense as pensións, as axudas, as subvencións, as taxas, os "copagos" sanitarios e xudiciais, as amnistías fiscais e as subidas de impostos, mentres se buscan responsables e ofrécense cabezas de turco para tratar de contentar a un pobo cada vez máis airado e que cada día ten menos que perder.

Nós non somos unha excepción.

Aínda que a Asociación é unha entidade sen ánimo de lucro e, polo tanto, sen beneficios, outra cousa é que os escuálidos ingresos que logramos reunir non alcanzan xa nin a sufragar os gastos de mantemento do noso local. Con todo isto non nos vai a deter.

Achegándose as Entrañables Datas, inchámonos de ilusión e esperanza, que por algo son gratis, e, sacando forzas de fraqueza, decidímonos a contraatacar.

Necesitamos fondos. É un feito. Os precarios recursos dos nosos usuarios non nos permiten solicitarlles máis apoio, e as axudas da Administración para levar a cabo os nosos programas de Autonomía Persoal son escasas ou nulas. Pero no canto de resignarnos e lamentarnos, pensamos en novas vías para conseguir os nosos propósitos, que son, nin máis nin menos, continuar na loita polos dereitos das persoas con Diversidade Funcional.

Con tal motivo, organizamos un Rastrillo Solidario no noso local, na rúa Colón, esquina Mendizábal, bloque 4, portal 5, fronte á Universidade Politécnica, á beira da Casa do Patín, por máis datos, ao que invitamos a todos a vir o día 20 de Decembro, a partir das 5 da tarde.

Aqueles que queiran doar obxectos, roupa ou xoguetes que estean aínda en bo uso, poden deixalos no local de 9 da mañá a 14,30, e de 16,30 a 19,30, antes do 19 de Decembro.

Invitámosvos a participar.

Cos nosos mellores desexos nestas datas.

Mari Morado.


ASOCIACIÓN GRUPO DIVERSIDADE FUNCIONAL FERROL E COMARCAS

R/Colon esq. Mendizabal B/4 P/5 Baixos 38-39 15406 Ferrol

Tlf: 981930544, Mobil: 620485450

E-mail:  diversidadefuncionalferrol@hotmail.com

Blog:    http://rachandobarreiras.blogspot.com

Enviado por:
Asoc. Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas
-diversidadefuncionalferrol@hotmail.com-
14 de dezembro de 2012 15:24

_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon