[O "Hispania Spirit" atracado en Reganosa, en Xuño deste 2009 - Clicar acima da foto para ampliar]
Este Venres 14 de Decembro de 2012, está prevista a entrada dun novo buque gaseiro, o "Hispania Spirit", de grande porte con 279 metros de eslora que faría o nº 132 desde que en Maio de 2007 entrara o Galicia Spirit que contabiliza como o nº 1. Mais as condicións meteorolóxicas, para este Venres, son totalmente adversas, con alerta laranxa de madrugada e amarela durante todo o día. Polo que segundo a normativa vixente, e o sentido común, estes niveis adversos van a impedir que o buque se achegue á costa do Golfo Ártabro. MeteoGalicia editou o seu Boletín de tempo meteorolóxico adverso para o 14 - decembro - 2012. Entre outras cousas di: "Continuaremos baixo a influencia da borrasca, para esta xornada xa centrada ao norte das Illas Británicas cun centro de 975 mb. Manteranse os ventos fortes do sudoeste no litoral norte, chegando puntualmente a núcleos de forza 8. O mar de fondo quedará en todo o litoral por riba dos 4 metros, mesmo chegando aos 7 metros na franxa atlántica.".
Mais unha vez, Reganosa, coa complicidade das autoridades, disposta a poñer en perigo a nosa seguridade e vida, ao traer un buque cargado con gas natural licuado, para as súas instalacións de Punta Promontorio en Mugardos.
Aínda que sexa o máis probábel que o Hispania Spirit, non entre na Ría este Venres 14 de Decembro, o Comité Cidadán de Emerxencia, como ten por norma, convoca unha acción de protesta e denuncia contra o corrupto despropósito gasístico e o perigo potencial que representa Reganosa, aumentado esponencialmente sempre que un buque gaseiro cargado con GNL-LNG entra na nosa Ría. Polo que a Concentración terá lugar o mesmo día ás 7 da Tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Información elaborada pola enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
13 de dezembro de 2009 12:13
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon