xoves, decembro 06, 2012

Co gallo do Dia Internacional dos Dereitos Humanos, queremos este ano centrarnos no dereito á sanidade pública universal - Concentración, en Ferrol, o Luns 10 de Decembro


CONCENTRACIÓN E ACTOS

Luns 10 de Decembro ás 18h na Praza de España, diante do centro de saúde Fontenla Maristany.

Co gallo do Dia Internacional dos Dereitos Humanos, queremos este ano centrarnos no dereito á sanidade pública universal, sen distinción de sexo, orixe, etnia, orientación sexual e condición legal e social. Dereito fundamental e universal en grave perigo debido aos recortes iniciados polo actual goberno do Partido Popular.

Convocan Marcha Mundial das Mulleres, Foro galego da inmigración e Asociación Lazos pro solidariedade, co apoio da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública.

---

Campaña Europea
4 de outubro 2012 – 8 de marzo de 2013


Lema:

A débeda dos gobernos é coas mulleres, non cos bancos

Marchamos por unha vida digna e sostíbel

Países envolvidos na Campaña: Galiza, Portugal, Catalunya, Euskalherria, Grecia, Francia, Bélxica, Suíza, Italia, Rumanía, Macedonia, Turquía...

Nós as mulleres, queremos controlar as nosas vidas e construír unha sociedade máis xusta, que termine co sistema capitalista e patriarcal e que nos permita vivir a nós e a tod@s unha vida digna. Para loitar por esa vida digna que queremos, dende a Coordenadora Europea da Marcha Mundial das Mulleres vimos traballando nunha campaña que poña no centro dos debates sociais a vida e os dereitos das mulleres.

Con esta campaña 'A débeda dos gobernos é coas mulleres, non cos bancos' queremosdenunciar a situación das mulleres nos nosos países e o agravamento desa situación coas políticas que os diferentes gobernos conservadores están a pór en práctica coa escusa do crise económica. Crise que para nós non é máis que un novo saqueo aos nosos povos para acumular as riquezas en mans dos poderosos e para eliminar gran parte dos dereitos conquistados polas traballadoras ao longo das últimas décadas.

Tras meses de traballo conxunto e a implicación de mulleres de máis de 10 paíseselaboramos o manifesto que acompaña este texto e un calendario de accións conxuntas que partillaremos nos nosos países para visibilizar a nosa loita e trasladala ás nosas realidades concretas e ás nosas loitas nacionais.

Dende a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres queremos facer un chamado a toda a sociedade galega, individual e organizada a apoiar esta Campaña Europea no marco da loita que dende diversos sectores se leva a cabo na Galiza contra este sistema inxusto e criminal que saquea as nosas vidas e os nosos dereitos. Concretando este apoio en aderir ao manifesto e na colaboración e coorganización das actividades nos días de mobilización programados no calendario da campaña.

Porque temos dereito á soberanía económica e alimentaria, a vivir sen violencias, á educación e á sanidade, a que a vida sexa o centro das políticas, a unha vida sostíbel e á soberanía política, queremos demostrar e visibilizar xuntas que non imos permitir que nos rouben o futuro, que lexislen sobre os nosos corpos e as nosas vidas.

Estaremos na rúa en toda Europa defendendo os dereitos das mulleres, porque para mudar o mundo é imprescindíbel mudar a vida das mulleres e porque para mudar a vida das mulleres é imprescindíbel mudar o mundo.

E porque a vida que queremos para as mulleres é a vida que queremos para tod@s,queremos chamar a participar nesta campaña a todos os colectivos sociais da Galiza.

A tod@s @s que apoiades esta campaña convidámosvos á presentación da mesma que terá lugar de xeito simultáneo en máis de 10 países. A presentación na Galiza será o 4 de outubro na Galería Sargadelos, Compostela.

Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres
15 de Setembro de 2012
Galiza

PODEDES ADERIR A ESTA CAMPAÑA A TRAVÉS DA WEB OU DO CORREO

A nova na axencia europapress.

MANIFESTO


nacional@feminismo.info

Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
6 de dezembro de 2012 11:13

___________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon