Representación dos sindicatos CIG, UGT e CCOO (maioritario no Comité de Empresa), sumaron-se á representación dos grupos municipais Psoe, Bng e Eu, en apoio aos traballadores e traballadoras do Parador de Ferrol. O proceso de privatización dos paradores ven sumarse ao espolio de todo o patrimonio público que está a executar o Partido Popular. Baixo o argumento, xa non críbel, de que se trata dunhas instalacións deficitarias, vaise entregar a prezo de balde, a grandes cadeas hoteleiras, o que é un ben patrimonial que pertence a todas e todos. Unha nova planificación da xestión e usos públicos destas instalacións, que preservase os postos de traballo, non entran dentro do programa electoral oculto co que está a gobernar o PP.
Desde Ártabra 21 queremos amosar a nosa solidariedade e apoio á loita das traballadoras e traballadores de Paradodres na defensa dos postos de traballo, na defensa do seu medio de vida.
Vídeo de Ártabra 21.
Algunhas fotos da concentración, por Susete'70.
_____________
1 comentarios so far
A COMARCA DE FERROL CON PARADORES!,
PARADORES NON SE VENDE PARADORES SE DEFENDE!
A loita de PARADORES ten que ser a loita de todos os traballadores, o Parador de Ferrol fai parte do noso patrimonio, pechalo e tan so unha xogada especulativa que busca facer unha concesión a unha empresa privada para lucrarse os de sempre, non lles importa deixar no camiño a uns traballadores que en moitos casos por motivo da súa idade non so son condenados o paro si non tamén a miseria. O Parador e do pobo de Ferrol e deste pobo ten que ser a decisión.
PECHAR+PRIVATIZAR=ROUBAR!
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon