Martes 11 de Decembro, ás 7 da Tarde, en Ferrol, na Explanada da Praza de España.
POR UNHA XUSTIZA PARA TOD@S!!!
CONCENTRACIÓN EN FERROL
NA DEFENSA DUNHA XUSTIZA DE CALIDADE, UNIVERSAL E GRATUITA. POR UNHA XUSTIZA PARA TOD@S!!!
Contra o repago xudicial imposto pola lei de taxas, contra a privatización de servizos públicos como o Rexistro Civil, contra a falta de medios materiais e persoais, con continuos recortes aos funcionarios consagrados a través da reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial, contra a inmobilidade lexislativa fronte ao drama social dos desafiuzamentos …
ACUDE NA DEFENSA DUNHA XUSTIZA DE CALIDADE, UNIVERSAL E GRATUITA. POR UNHA XUSTIZA PARA TOD@S!!!
Convocan: CCOO, CIG, UGT, CSIF Xustiza, USO, STAJ, Colexio de Avogados de Ferrol, PSOE, BNG, EU, ANOVA, ESPAZO ECOSOCIALISTA GALEGO, EQUO, Stop Desafiuzamentos, Ferrolterra, Fuco Buxán, Encontro Social de Ferrolterra, Marcha Mundial das Mulleres, Foro da Inmigración.
Moi interesante folla informativa, onde explica moi ben o grave do asunto, non deixar de leela e difundir por todos os medios que se poidan.
Para acceder ou baixar:
Taxas Xudiciais : repago Impositivo - en formato pdf
_____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon