martes, decembro 11, 2012

Interesantes eventos: III Feira da Sustentabilidade, Palestra sobre a ILP dos Residuos e a 37ª Asemblea Xeral de ADEGA

Tags

→ 12 de decembro, mércores: FEIRA DA SUSTENTABILIDADE NA UDC

II feira UDCAproveitando a chegada do Nadal, o 12 de decembro de 11:00 a 19:00h celebrarase na Facultade de económicas da UDC a III Feira da Sustentabilidade, coa fin de achegar á universidade unha mensaxe sobre o consumo responsábel.

Nesta feira teremos a ocasión de mercar os agasallos de Nadal dun xeito diferente. Dando prioridade ao comercio local, comercio xusto e ao traballo dos artesáns. Do mesmo xeito teremos a oportunidade de coñecer diferentes entidades e asociacións ambientalistas.

Ao longo da xornada poderemos participar en diferentes obradoiros como elaboración de cosméticos naturais, elaboración de obxectos a partir de papel reutilizado con técnicas de cestería e coñecer os xogos tradicionais.

Un membro do Proxecto Fiare nos explicará en que consiste o proxecto da banca ética nunha charla-debate.

E por ultimo, poderemos trocar os obxectos que xa non precisamos nun mercadiño de troco.

Programa da Feira:
- 11.00 h Apertura da III Feira de Nadal
- 11:15 h Inauguración da III Feira de Nadal
- 11.30 h Charla- debate: Fiare, Banca ética (a cargo de Raúl Asegurado, presidente da asociación Fiare Galiza) Aula O.5
- 12.30 h Obradoiro: Cestería con papel. FEITO CON XEITO. 1º Andar
- 17:00 h Obradoiro: Cosméticos naturais. ADEGA. 1º Andar

Ademais, en horario continuado levaranse a cabo:
  • - Exposición de xogos tradicionais. A casa dos xogos. 1º Andar
  • - Mercadiño de Troco. 1º Andar

19:00 h Peche da Feira

ESPERÁMOSVOS!

→ 12 de decembro, mércores: PALESTRA SOBRE A ILP DOS RESIDUOS NA USC

Este mércores 12 de decembro no Salón de Actos do CM Fonseca, no Campus Vida.ás 19:30.

O acto consistirá e 3 apresentacións breves (aprox. 20 minutos de duración) seguidas dumha rolda de intervencións para resolver as cuestións que poidan xurdir.

Os títulos e as persoas que falarán son:

- A xestión de RSU en Galiza: análise crítica. Relator: Tino Quintela, membro da Federación Ecoloxista Galega (FEG) e membro da Comisión Promotora da ILP.

- A ILP para a aplicación efectiva dos 3R en Galiza. Relator: Fins Eirexas, Secretario Executivo de ADEGA e un dos redactores da ILP.

- Existen alternativas á Incineración. Relatora: Marta Domínguez, Doutora pola USC e experta en Resíduos.

→15 de decembro, sábado: ASEMBLEA XERAL, CEA ANUAL E PREMIOS OSÍXENO E DIOXINA

O vindeiro día 15 de decembro, sábado, na cidade de Compostela terá lugar a 37ª Asemblea Xeral de ADEGA. Será na Casa das Asociacións, en horario de 10 a 14 e de 16:30 a 19:30.

Lembrade que ese mesmo día celebraremos tamén a cea anual de confraternización no decurso da cal entregaremos os premios Osíxeno e Dioxina 2012. Será no restaurante A Moa (Rúa de San Pedro, 32).

O menú son 25€, con entrantes comúns e o segundo a escoller entre arroz con marisco e pluma de ibérico. Imprescindíbel anotarse. Indicade as vosas preferenzas e outras cuestións (vexetariano/a, celíaco/a...).

A data límite para apuntarse é o mércores 12 de decembro.

Máis información: local nacional (981 570099),  na nosa web: www.adega.info , en Facebook e Twitter

Enviado por:
ADEGA
-adega@adega.info-
10 de dezembro de 2012 11:40

____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon