Convocatoria da XVII Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra - 18 de Decembro de 2012
Proposta de obxectivos e orde do día para a XVII Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra, acompañado da Rede de Apoio Mutuo.
Día: Martes 18 de Decembro.
Lugar: Local Asociación Veciñal de Esteiro.
Horario: de 19:00 a 21:00 horas.
Obxectivo da reunión:
- Recibir información sobre Arméria Soc. Coop. e das diferentes comisión e grupos (Grupo Finanzas Éticas ..., Comisión Roupeiro ...,, e outros se a houber.
- Recibir información, deliberar e acordar sobre a Rede de Apoio Mutuo (STOP-Desafiuzamentos, Xustiza Social, ..).
- Debater e avaliar a situación da Comarca (Paradores, Desemprego, Navantia, Poligal, Taxas Xudiciais, Vivenda, Loita contra Reganosa, ...)
- Avaliar os avances do Encontro neste primeiro ano de funcionamento.
- Tratar outros asuntos de interese.
Orde do día:
Lembramos que este é unha orde do día aberta quen quixer tratar algún asunto que o envie a o correo-e de coordinación do Encontro:
- Constitución de Arméria Soc. Coop., últimos pasos.
- Local de Arméria na Traseira do Mercado de Caranza (Legalización, Dotación e Abertura).
- Información da Comisión Dereito a unha Vivenda Digna - STOP-Desafiuzamentos.
- Constitución dunha Comisión de Xustiza Social - Regulamento do 'Peto Solidario' - Caso 'A' - Préstamo Pago Multa. Valoración.
- Constitución da Comisión de Arméria para Recuperación e Comercialización Alternativa de Roupa e outros Complementos de Segunda Man.
- Información sobre a presentación do Banco de Tempo.
- Valoración Mobilizacións (En defensa da Sanidade Pública; 10D Acción da Marcha Mundial ...; Por unha Xustiza para to@s; Acción Día das Migracións 18D; ...).
- Pasos dados na proposta de Foro Social de Ferrol Terra co obxectivo de deliberar e analizar sobre o actual modelo enerxético e as posíbeis alternativas.
- Debater e avaliar a situación da Comarca (Paradores, Desemprego, Navantia, Poligal, Taxas Xudiciais, Vivenda, Loita contra Reganosa, Unidade Sindical, ...)
- Un ano de Encontro Social - Avaliación e Propostas.
- Outros asuntos se os houber.
forosocialdeferrolterra@gmail.com
Ferrol Terra, 8 de Decembro de 2012
http://encontrosocialdeferrolterra.blogspot.com.es/
|||||||||||||||
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon