O pasado venres, celebrouse a asemblea constitutiva de Anova en Ferrol. Esta asemblea organizase con carácter intermunicipal. Anova de Ferrol quere constituírse nun foro de debate, formación política e acción, para criar o imaxinario colectivo dunha nova sociedade. Unha nova sociedade que vai xurdir da crise sistémica que veu para quedarse, e Anova, pretende que esa nova construción estea inspirada nos valores republicanos e teña como obxectivo a superación do capitalismo como sistema económico e o restablecimento dos dereitos nacionais de Galiza.
A actuación política de Anova de Ferrol, vai ter como un dos seus obxectivos, posibilitar que a dereita perda o goberno das institucións, e deixe de actuar coa impunidade política e ética, que lle está permitindo negar dereitos á cidadanía, empobrecer a amplos sectores sociais e deteriorar o noso territorio. Para elo axudará a compactar e organizar a vontade popular, e criar e fortalecer alianzas que o fagan posíbel.
A aportación de Anova de Ferrol ao proceso constituínte, que debe acabar coa IIª Restauración Borbónica e co restablecimento dos dereitos nacionais, vai ir acompañada do fortalecemento dunha estrutura política para a defensa dos sectores e persoas agredidas polas políticas deseñadas pola plutocracia constituída en gobernancia mundial. Esa nova estrutura de organización política pretende construírse desde novos parámetros de horizontalidade, participación, ética e transparencia.
Anova de Ferrol mostrou na súa asemblea constituínte, a vontade de comprometerse cos movementos sociais transformadores.
Nesta asemblea constituínte acordouse ademais facer públicas tres resolucións:
1- Mostrar o noso fraternal apoio e solidariedade co dirixente sindical, o compañeiro Xesús Anxo López Pintos, ao negar-lle o xuíz o amparo nun auto de sobresemento provisional da denuncia presentada no seu día polo sindicalista por malos tratos e vexacións sufridas en comisaría, logo de ser detido no marco dunha protesta convocada polos Comités de Navantia e Poligal diante dun acto electoral do PP, o mesmo día que daba comezo a campaña electoral das lexislativas galegas de outubro de 2012.
2- Mostrar tamén a nosa fraternal solidariedade e apoio, coa compañeira Laura Bugalho, activista social e sindicalista, pola criminalización que se pretende facer da súa actuación solidaria, pretenden xulgala, polas súas actividades a favor das persoas inmigrantes e o dereito humano á libre circulación das mesmas (Artigo 13. da "Declaración Universal dos Dereitos Humanos" (A/RES/217, 10 de decembro de 1948).
3- Apoiar a Iniciativa Lexislativa Popular promovida por varias organizacións do movemento ecoloxista galego contra da incineración e a favor das tres erres. Para a aplicación efectiva dos principios de Redución, Reutilización e Reciclaxe de residuos en Galiza.
Foron elixidas nesta asemblea as seguintes persoas para desenvolver responsabilidades por un período de tres meses:
Coordinación: Miguel Anxo Abraira (629280565)
Comunicación: Lupe Ces (652201003)
Tesourería: Aurora Rivas
En Ferrol, a 14 de Xaneiro de 2013
ANOVA Ferrol
Asemblea Local organizada como unha asemblea de base, de ámbito intermunicipal.
Enlace coa Acta Constituinte na Rede:
https://docs.google.com/file/d/0ByIlS00I4T21azRpU1JoeURRZ2M/edit
correo-e: anovaferrol@gmail.com
Facebook: Facebook.com/AnovaFerrol
Twitter: Twitter.com/AnovaFerrol
Blogue:http://anovaferrol.wordpress.com/
Enviado por:
ANOVA Ferrol
-anovaferrol@gmail.com-
15 de janeiro de 2013 00:03
_______________

6 comentarios
Xa veremos o que opina Manolo Pazo e a filla de Concha Trigo
O restablecimento dos dereitos nacionais de Galiza? O antiguo reino? Entom o da república quese fala que é? A española?
Menudo nacionalismo! Xa se ve que o de Galicia e unha "coletilla" sen maior importancia.O BNG é un fracaso o voso unha fraude.
Quando se fala de dereitos históricos, normalmente estamos a referir-nos ao desenvolvemento lógico dumha coletividade nacional. Nom necesáriamente dumha volta à Idade Média. Suponho que aqui é o caso. Também nom se fala dumha república no concreto, senom de republicanismo. É companheiro Xabier, há outras repúblicas distintas a essa. Nom me fagas coma os que chamam à bandeira da II república espanhola, assi a bandeira da república sem mais. Nem a I república espanhola tivo essa bandeira nem outras a tenhem. Por exemplo a bandeira da I república galega poderia ser azul e branca com umha estrela.
Todo isto dito sem prejuzgar o que ANOVA quere dizer, que é da sua competência, dado que eu nom limito nesta organizaçom.
Termos coma fracasados (está por ver) e fraude soam a resentimento e análise como mínimo errada.

Ou sexa que, polo que vemos nas actas, os ex-BNG fuxiron xa deste enxendro ¿non? ¿E onde anda a xente de Fene -exalcalde incluido-e do resto da comarca que ían a este proxecto con tantas gañas e ilusión??? O que fica claro, que os fios deste movimento están en mans dos de sempre que, por suposto, non dan a cara.
Miguel Anxo Abraira? Todo o interese que podia ter na evolución de Anova, acaba de morrer vendo ao elemento que escollen como Coordinador. Se queren sumar, Abraira e Pazos non son os exemplos a seguir.
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon