sábado, xaneiro 12, 2013

Tapando fochancas en Ferrol, no estacionamento municipal do Sánchez Aguilera, ante a inoperancia do goberno municipal - Acción Sospresa do Colectivo Cidadán Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos


Acción sorpresa: tapado de fochas no aparcadoiro do Sánchez Aguilera.

No día de hoxe, 12 de Xaneiro de 2012, o colectivo cidadán "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" en colaboración con veciños da zona, realizamos unha "Acción sorpresa" consistente no tapado das fochas máis grandes do aparcadoiro situado no Sánchez Aguilera.

Desta forma queremos denunciar o estado de abandono deste aparcadoiro da nosa cidade.

En breve continuaremos con esta acción se o Concello non toma as medidas oportunas.

Xa vamos fartos da inoperatividade por parte do goberno de Rey Varela, non nos arranxan as fochas nin beirarrúas, non coidan o patrimonio histórico, nin realizan mantemento dos espazos públicos da nosa cidade. Pero proxectan obras millonarias e sen sentido, como a da Praza de España, na que pretenden facer unha zona verde por valor de 916.000 euros. Tamén teñen prevista outra obra no Parque Municipal por valor de 450.000 euros.

O montante total deste despilfarro equivale a: 1.366.000 euros (227.283.276 das antigas pesetas)

Fotos: https://picasaweb.google.com/103628424242467611486/BacheadoNoAparcadoiroDoSanchezAguilera

--
e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com

Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

O noso bloge: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/   é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións e faise eco doutros exemplos solidarios e comunitarios que están a suceder na bisbarra.

Facebook: https://www.facebook.com/groups/444525015569821/

Enviado por:
Marcos Meizoso
-recuperaciondeespazospublicos@gmail.com-
12 de janeiro de 2013 19:35

_______________

1 comentarios so far

Dúas cousas. Primeiro hai que lembrarlle á xente (fráxil de memoria) quen fixo o arranxo. Logo debiades de poñer unha placa recordatoria, se non de bronce, de algo duradeiro. Tampouco como fan eles que non dure máis tempo que o arranxo.
E segundo, si artellades unha candidatura para as municipais..xa tedes o meu voto, palabra.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon