sábado, xaneiro 12, 2013

Acción Directa colaborará coa AVV de Esmelle na recuperación dun muíño - Para algúns, a actividade do colectivo cidadán non pasa desapercivida

Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos colaborará mañá domingo coa AVV de Esmelle na recuperación dun muíño. (Saída ás 9:00 da mañá dende o aparcamento da Malata)

Desta forma pretendemos recoñecer e agradecer o esforzo altruísta destes veciños, tanto na conservación, recuperación, e mantemento do noso patrimonio e espazos naturais da parroquia.

Os traballos do colectivo cidadán non pasan desapercibidos para algúns:
  • - Recentemente a Asociación "SOS Monuments" (Rede iberoamericana para a protección do patrimonio cultural) creada en 1997, con sede en Cataluña, e cun recoñecido historial de trabajo, interesouse polo noso labor, e realizáronnos unha entrevista para a elaboración dun artigo. Esta Asociación é a autora do libro "Mirando Ferrol - Cidade, patrimonio e paisaxe", tamén realizou na nosa cidade o "VII Encontro de Defensa do Patrimonio de Ferrol".
  • - No concello de Bergondo organizouse e funciona outro colectivo "Acción Directa de Recuperación e Preservación de Espazos Públicos". O sábado día 19, realizarán a limpeza da marxe do río en Miodelo.
Agradecemos todas as achegas de solidariedade coas nosas tarefas e reivindicacións, chegadas dende distintos lugares da do estado, e mesmo dende São Paulo, dende onde nos seguen con interese e mesmo se están a organizar, recentemente crearon a súa primeira Horta Urbana.

Quen parece non decatarse é o alcalde Don José Manuel Rey Varela, e os actuais concelleiros do PP, que a día de hoxe non deron nin unha pequena mostra de interese polas nosas tarefas e reivindicacións.
--
e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com

Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

O noso bloge: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/ é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións e faise eco doutros exemplos solidarios e comunitarios que están a suceder na bisbarra.

Facebook: https://www.facebook.com/groups/444525015569821/

Enviado por:
Marcos Meizoso
-recuperaciondeespazospublicos@gmail.com-
12 de janeiro de 2013 12:21

____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon