Resíduos asfálticos: Intervención administrativa
Recentemente o Diario de Ferrol publicou a noticia da forte sanción económica imposta pola Consellería de Medio Ambiente á empresa Manmer por incumprir a orde de retirada dos áridos contaminantes, segundo avalan diferentes informes, depositados en San Lourenzo, Cabanas e no porto exterior de Ferrol.
A Plataforma de defensa do río Baa integrada pola SGHN, Verdegaia, Adega, Plataforma de defensa dos camiños e Plataforma de afectados polo polígono industrial de Vilar de Colo, denunciou en repetidas ocasións ante a fiscalía de medio ambiente e a Consellería de Medio Ambiente as irregularidades deste depósito e a necesidade de retirada dos refugallos.
A vulneración da normativa urbanística e medio ambiental propiciou esta “forte sanción económica”, a segunda que afecta á devandita empresa, sen que ata a data de hoxe se teñan acometido medidas correctoras.
Comprobada a existencia de hidrocarburos policíclicos poliinsaturados no material depositado, de alto valor contaminante, así como a proximidade ao cauce fluvial do río Baa, fan inaprazable a retirada dos mesmos dun entorno tan sensible polo risco evidente de paso á cadea trófica.
A Plataforma valora positivamente a sanción por esta grave irregularidade pero demanda máis actuacións correctoras.
Á vista de que no tempo transcorrido non se tomaron medidadas definitivas, esta Plataforma solicita á Consellería de Medio Ambiente unha actuación como responsable subsidiaria consistente na total retirada dos refugallos deste entorno, restituíndo as condicións medio ambientais que este ecosistema nunca deberá ver alteradas.
Enviado por:
Antonio Gª
-angaji@yahoo.com-
24 de fevereiro de 2013 12:56
_______________
1 comentarios so far
xa vai sendo hora que as administracións fagan o seu chollo e esixan o cumprimento da lei. A saúde de todos está en xogo
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon