domingo, febreiro 24, 2013

A Marcha Mundial das Mulleres intervirá no vindeiro pleno do Concello de Ferrol


A Coordenadora Comarcal da Marcha Mundial das Mulleres ven realizando dende hai anos concentracións de repulsa cada vez que asasinan a unha muller vítima da violencia machista na Galiza, nesas concentracións pintamos a silueta da muller asasinada.

Nas dúas últimas concentracións non podemos pintar as siluetas porque a Policía Local tiña orde da Concelleira de Igualdade de prohibirnos pintalas.

Mantivemos unha reunión coa Concelleira de Igualdade Verónica Casal Míguez, e mantense na súa postura de prohibirnos pintar a silueta da muller asasinada, baseando a súa prohibición na Ordenanza municipal de Limpeza e recollida de residuos. Pensamos que nin á Marcha nin á cidadanía da Comarca nos pode valer que o PP nos poña esta ordenanza como desculpa absurda.

Polo que mantivemos xunta cos grupos da oposición que no vindeiro Pleno do día 28 de febreiro van presentar unha moción, e unha representante da Marcha vai intervir no Pleno.

Pedimos-vos que acudades a este Pleno para amosar o voso apoio a esta moción, e en apoio da Marcha Mundial das Mulleres, cando non teña máis remedio que pintar unha silueta cando asasinan a unha muller vítima da violencia machista, agardemos que non teñamos que pintar nunca unha silueta máis.

Imos acudir a este Pleno vestidas todas de negro como medida de protesta, todas as persoas que poidades, por favor, facede o mesmo.

Esperámosvos o xoves 28 de Febreiro, ás 19.00h no salón de plenos do Concello de Ferrol.

Agradécese difusión

Evento no facebook:
http://www.facebook.com/events/127949470716176/

Para contactar coa Marcha nesta Comarca:
Marcha Mundial das Mulleres
Coord. Ferrolterra: 696732735
Comunicación: 698159764

http://www.feminismo.info

 "PARA CAMBIAR O MUNDO, ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA" 


Que é a Marcha ?

A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientan-se cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan ao redor da mundialización das solidariedades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecemento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enlaces de interese:

____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon