#24F Marea Obreira en Ferrol en defensa do Sector Naval
Onte sábado 23 de Febreiro tiña lugar na Galiza e no resto do Estado unha moi importante mobilización social, a Marea Cidadá contra o Golpe de Estado Financeiro. En Ferrol, foi este #24F a Marea Obreira polo futuro das Comarcas. Este domingo 24 de Febreiro de 2013, tivo lugar unha marcha popular en defensa do Sector Naval. As traballadoras e traballadores dos estaleiros públicos, de Navantia Fene e Ferrol, saíron á rúa co apoio do resto dos sectores porque estes saben que o naval segue sendo un sector clave para as Comarcas, son miles as persoas que viven do traballo nos estaleiros. Comercio, hostalería, pequenas empresas de servizos e da industria auxiliar, son miles os postos de traballo en perigo. son miles as familias que viven do seu traballo na industria naval e os gobernos corruptos, non fan nada para facilitar carga de traballo ás factorías, nen o dique prometido, nen outras promesas en tempo electoral.
Con esta Marea Obreira, pode-se, xunt@s podemos. A unidade é imprescindíbel, mais a vontade de loita, accionar para vencer, conseguir unha solución viábel, facer ver que imos loitar polo noso medio de vida, polo que é xusto, polo que esta comarca necesita. Xa vivimos unha falsa reconversión, que en realidade era un desmantelamento, non podemos caer no mesmo. Son moitos os postos de traballo que desapareceron en pouco máis dun ano, case 2000 das compañías auxiliares, e ameazan con máis e logo ...
Fotos: Susete'70.
________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon