En Ferrol Terra, do territorio do polo de agora Reino de España, este 23 de Febreiro mobilizamo-nos
"Unid@s contra o golpe de Estado Financeiro"
IMOS XUNT@S, PODEMOS!!
En Ferrol, na Praza Amada Garcia (Diante do Edificio da Xunta), ás 6 da tarde.
MANIFIESTO
POLA LIBERDADE. POLA DEMOCRACIA. POLOS DEREITOS SOCIAIS E AMBIENTAIS
A presión dos mercados financeiros, a débeda ilexítima creada polo propio sistema financeiro especulativo e as brutais políticas de axuste dirixidas contra a maioría da sociedade, xunto coa corrupción e a perda de lexitimidade das institucións, están causando no noso país a maior crise da democracia das últimas décadas.
O crecente desemprego, o ataque á Sanidade e a Educación públicas, ós dereitos laborais e sociais, ao medio ambiente, fíxonos confluír nas rúas, nas mareas cidadás, branca, verde, vermella, laranxa, groga, amarela, negra, azul, violeta, ... Defendendo os nosos dereitos.
Unha sociedade xusta e viable só será posible si a cidadanía únese para defender os dereitos sociais por riba dos mercados e a política honesta e a xustiza social por riba dos intereses das élites financeiras.
A reforma do artigo 135 da Constitución española, sen consulta algunha á cidadanía, supedita todos os recursos do Estado ó pago desta débeda ilexítima a costa de recortar todos os servizos públicos e de poxar a prezo de saldo o patrimonio do Estado. Esta reforma supuxo un "golpe de estado financeiro", pois maniata ao goberno primando ó pago dos intereses fronte ás obrigacións propias dun Estado Social e de Dereito.
En 1981, tralo golpe militar, a cidadanía manifestouse masivamente en defensa da Liberdade e a Democracia. Agora, 32 anos despois, chamamos a toda a cidadanía, a todas as mareas, asembleas, organizacións e colectivos a confluír nunha xornada de mobilización o próximo 23 de febreiro en defensa dunha verdadeira Democracia, a Liberdade e os Dereitos sociais.
Non ó golpe de estado financeiro. Non debemos, non pagamos.
Hai alternativas. Hai solucións:
- Pola Xustiza social e ambiental.
- Pola Transparencia e a Democracia participativa.
- En defensa duns Servizos Públicos e Universais.
- Por unha Auditoría Cidadá da Débeda. Contra a Débeda ilexítima.
Marea Cidadá
______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon