Galiza Ano Cero é un canal de televisión sen ánimo de lucro
na internet. Contidos producidos de maneira colectiva e horizontal, en
código aberto e con transparencia, da comunidade para a comunidade, e
difundidos baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento - Non
Comercial - Compartir Igual (CC BY-NC-SA). Dende abaixo á esquerda.
Outra televisión.
Galiza Ano Cero é unha comunidade aberta. Unha rede
de grupos de traballo que poñen en común ideas, afectos e man de obra
para construír unha ferramenta, non unha mercadoría. Calquera pode
entrar e saír de Galiza Ano Cero. Calquera pode facerse oír e traballar.
Será o que todas queiramos que sexa.
Galiza Ano Cero é un banco de tempo administrado
colectivamente pola comunidade. Unha ferramenta que permite afrontar
todas as tarefas derivadas da produción de contidos de maneira
democrática e sustentábel, optimizando esforzos e recursos e permitindo a
implicación de calquera.
Galiza Ano Cero é unha asociación cultural que dá
soporte á comunidade e ao canal de televisión. Unha asociación
autofinanciada mediante as cotas das socias e as doazóns de calquera que
se constitúe ao mesmo tempo que nacen o canal e a comunidade e que
será, tamén, o que todas queiramos que sexa.
Galiza Ano Cero é un portal web, www.galizaanocero.tv,
e unha constelación de redes sociais. Un obradoiro coas paredes de
cristal no que a comunidade e o canal se expresan, traballan e escoitan,
á vista de calquera. Nada que ocultar.
Galiza Ano Cero está a piques de comezar a emitir dous programas quincenais, un de debate político e outro de entrevistas. Contidos plurais, pero non equidistantes.
E isto é só o principio. O resto decidímolo entre todas.
WEB:
http://www.galizaanocero.tv,
Facebook:
https://gl-es.facebook.com/galizaanocero
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon