Por David Rodríguez [*]
12.04.2013
Hai tempo escoitelle ao cómico Javier Cansado algo así como que el non lía ningún libro ao que non lle tivesen pasado por riba algúns aniños. Un xeito de garantir que só se perderá enerxía lendo aquilo con capacidade de trascender o meigallo da novidade e de sobrevivir á conxuntura do presente.

Como
un fai algo semellante cos produtos televisivos, aínda estiven vendo
estes días a primeira temporada de The Wire, a trama policial ambientada
na cidade de Baltimore que, a dicir do seu director David Simon, tenta mostrar como "o capitalismo salvaxe e sen freos despreza aos seres humanos".
Asistindo
como espectador ao día a día da barriada afroamericana que só atopa no
tráfico de drogas un xeito de integración e de ascensor social, veume á
cabeza, aínda que pareza paradoxal, aquel artigo 14 da Constitución de
Haiti de 1805 que proclamaba: "Todos os cidadáns, de aquí diante, serán
coñecidos pola denominación xenérica de negros".
A
máxima haitiana recoñecía a cidadanía universal a base obviar os mil
matices de pel e de identificar ao todo coa parte máis excluída. Na nosa
época de contrarrevolución, imitar o xesto haitiano non redundará nun
maior recoñecemento de dereitos pero polo menos axudará a tomar
consciencia de cal é o lugar do que partimos. A ver se me explico.
Cando
un ve The Wire, ten a impresión de que o modelo Baltimore, que o
xeógrafo marxista David Harvey, concidadán tamén dese lugar, ten
analizado nalgún dos seus libros, pode estar máis preto de nós do que
pensamos. Baltimore, di Harvey, ten unhas "corenta mil casas baleiras"
pero "as concentracións de persoas sen fogar, a existencia de desemprego
e de pobres empregados é evidente en todas partes. As fileiras nas
cociñas económicas fanse cada vez máis longas e os centros de
beneficencia de moitas igrexas están sobresaturados.As desigualdades
medran a pasos axigantados. Os masivos recursos educativos da cidade
están vetados para os nenos que viven alí. Os colexios públicos están
nun estado lamentable. A pobreza crónica e todo tipo de signos de
dificultades sociais reinan á sombra dalgunhas das mellores institucións
médicas e de saúde pública do mundo, que son inaccesibles para as
poboacións locais." Acaso non comezan a ser todas estas cousas
familiares nesta nosa Europa do sur que pouco a pouco se vai
desenganchando da utopía de benestar e capitalismo domésticado que
quería ser a Unión Europea?
Pero,
ademais destas condicións materiais, temos algo máis en común co
Baltimore de David Harvey e de The Wire que tamén traballa a favor da
consigna "Todos somos negros": hoxe que en Europa o movemento obreiro é
unha caricatura do que foi, as maiorías sociais nosas teñen tan
extirpadas como as clases populares norteamericanas a cultura de
esquerda e as ferramentas ideolóxicas e organizativas propias daquela.
Tamén neste aspecto estamos xa igualados co centro do imperio.
En coherencia con isto, se cadra, non estaría mal revisitar, como recordou Rebeca Baceiredo recentemente,
as maneiras dun movemento que tratou de ofrecer unha estratexia viable
nese contexto: os Black Panthers. Se un procura na rede o nome de Emery
Douglas, o seu Ministro de Cultura, vai atopar unha obra gráfica
que o introducirá de xeito rápido e ameno nas cuestións a que dedicaban
os seus esforzos os Panteiras Negras dentro das comunidades negras
estadounidenses: crear programas de educación, de alimentación e de
saúde accesibles ás clases populares. Isto é, programas encamiñados a
articular unha sociedade completamente alienada e a dotarlle do Estado
do Benestar que as institucións lle negaban.
Esta
é unha estratexia lóxica para quen queira crear conciencia política
onde non a hai. É a estratexia seguida tanto polo chavismo como pola
estrema dereita grega, dous movementos antagónicos mais con igual
vontade de seren masivos. Se o tempo verifica que ese "capitalismo
salvaxe e sen freos no que se despreza aos seres humanos", do que falaba
David Simon, chegou aquí para ficar, a nosa esquerda patria mellor
faría en ir considerando a posibilidade de aplicala.
O Funambulista Coxo
Publicado o 2 de Abril de 2013 no blogue ofunambulistacoxo.blogspot.com.
[*] David Rodríguez Rodríguez (Vigo, 1975) mantén o blogue http://ofunambulistacoxo.blogspot.com desde o ano 2005. É autor das obras de teatro radiofónico O Bambán e Nunca me esquecerei de ti (gañadora e finalista respectivamente do I e IV Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural). Escribiu o poemario Lapidarias. Os versos escuros e participou no libro colectivo Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural.
Ártabra 21: David Rodríguez: Palabras para a guerra en curso - Retomando a Palabra (Libro) - Descarga:
______________
Outros interesantes artigos relacionados:

Ártabra 21: Esquerda partidaria en Galiza. Un escenario aberto , ... Por David Rodríguez
Ártabra 21: As falsas polarizacións, ... Por David Rodríguez__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon