luns, abril 29, 2013

De novo outro buque gaseiro, o LNG "Bilbao Knutsen", cargado con LNG/GNL para a ilegal e perigosa Reganosa, anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol para este Luns 29 de Abril - Diante deste anuncio o Comité Cidadán de Emerxencia convoca, o mesmo día, unha concentración sonora en Ferrol

Tags


CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
NA PRAZA AMADA GARCIA
DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA
ÁS 8 DA TARDE, DO LUNS 29 DE ABRIL

O gaseiro "LNG Bilbao Knutsen", é un buque de grande porte, de 284,4 metros de eslora por 42.53 de manga, 25,40 de puntal e un calado de 12,30 m; cargado con miles de toneladas de GNL/LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa; ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Luns 29 de Abril de 2013. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa a 145, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Luns, ás 8 da Tarde, en Ferrol, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Esta é a vinte e dúas entrada que se produce despois de ditada a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel.

Tras a sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.

PASO A PASO, PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
28 de abril de 2013 11:33
_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon