luns, abril 29, 2013

Posición de Esquerda Unida ante o Pleno Municipal de Ferrol celebrado hoxe 29 de Abril - Chamamento á participación no 1º de Maio

O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA  CONSIDERA  UN DESPROPÓSITO A XESTIÓN DO ALCALDE A RESPECTO DO PLENO DE HOXE.

O grupo municipal de Esquerda Unida considera que o pleno de hoxe convocado polo Alcalde en sustitución do suspendido do 25 de abril foi celebrado en condicións non habituais e con indicacións restrictivas por parte da Presidencia para o acceso ao salón de plenos.

Non habendo causas obxectivas que así o aconsellaran e sendo de absoluta normalidade democrática o acontecido dentro e fóra do salón de plenos no momento do seu inicio Esquerda Unida se ratifica na súa decisión de abandono da sesión. Se a situación é de absoluta normalidade non pode haber lugar para ningún tipo de sobreactuación en canto á  seguridade, control de acceso ao salón de plenos e demáis. O único que se consegue é que abandonen non só os grupos da oposición senón tamén os colectivos sociais e institucións sindicais (comité de empresa) presentes por mor dunha medida, control de acceso con identificación  no acceso ao salón de plenos, totalmente inxustificada no momento en que o Alcalde -presidente decide continuar a sesión.

Esquerda Unida ten convocada unha rolda de prensa para mañá ás 11:00 horas onde explicará a súa postura diante o acontecido hoxe.

Noutro orde cousas o Grupo municipal e o Consello Local queren facer un chamamento conxunto aos traballadores e traballadoras da comarca á participación activa nas manifestacións e actos convocados polas organizacións sindicais de clase para o mércores. Hoxe é maís necesaria que nunca a presenza da clase traballadora na rúa, a recuperación do carácter combativo e reivindicativo da xornada festiva do primeiro de Maio e a súa impronta internacionalista. Contra o capital internacional e o seu aumento d escala en canto poder e acción, aumento de escal na conciencia e no saber facer da clase.

Esquerda Unida  convida a todo o pobo traballador a acudir aos seus actos festivos, formativos e reivindicativos no primeiro de maio; invitamos a toda á cidadanía a sumarse para formar parte da rebelión cívica contra o sistema actual de connivencia financieira e política que afunde a maioría social. Mañá martes na sede da rúa do Sol pase do documental “Os mártires de Chicago” e conferencia coloquio a cargo de Bernardo Máiz. O mércores, 1º de maio, saída en grupo con bandeiras e parafernalia republicana cara as manifestacións.

Grupo Municipal de Esquerda Unida.
Consello Local de EU.

Ferrol a 29 de abril de 2013

Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
29 de abril de 2013 14:18
______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon