luns, abril 29, 2013

Posición do BNG ante o Pleno Municipal de Ferrol celebrado hoxe 29 de Abril - Considera que impedir a entrada de público nos plenos só contribúe a aumentar a crispación

Tags

COMUNICADO DE PRENSA

O BNG CONSIDERA QUE IMPEDIR A ENTRADA DE PÚBLICO NOS PLENOS SÓ CONTRIBÚE A AUMENTAR A CRISPACIÓN

Ferrol 29 de abril de 2013. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera inapropiada a actitude do alcalde de Ferrol, na sesión plenaria desta mañá, e advirte que actitudes como a de impedir a libre entrada dos veciños e veciñas aos plenos van en detrimento da calidade democrática do concello e só contribúen a crispar aínda máis o ambiente social e lembra que cando impediu a entrada a veciños no pleno non existía ningunha situación de excepcionalidade que xustificara esta medida.

O BNG considera que a situación que se esta a dar na cidade de Ferrol coa presencia nos plenos de diversos colectivos sociais ten relación directa coa aplicación, por parte deste goberno municipal das directrices sinaladas desde o goberno do Estado en todos os ámbitos, unhas políticas que están a provocar consecuencias dramáticas para esta cidade como o desmatelamento do sector naval, a destrución dunha das principais riquezas do concello como é a ría, a eliminación  das conexións ferroviarias da cidade ou o aumento da débeda do concello e pago de interesés co obxectivo de rescatar aos bancos, con consecuencias terribeis para os veciños e veciñas da cidade como é unha tasa de paro do 32%.

O BNG censura a actitude colaboracionista do alcalde da cidade fronte estas situacións e lamenta que a única solución que aporte sexa aumentar a represión sobre os veciños e veciñas da cidade.

Así mesmo cremos que resulta intransixente de máis non querer aceptar os rogos formulados polo BNG pedindo que a entrada ao salón de plenos fora libre e contradí as súas propias declaracións da semana pasada nas que afirmaba que non ían a modificar as condicións de entrada as sesións plenarias.

Web BNG Ferrol:
http://www.bng-galiza.org/ferrol/

Web BNG Ferrolterra:
http://www.bng-galiza.org/ferrolterra/

Tamén estamos no facebook https://www.facebook.com/bng.ferrol ou no https://twitter.com/bngferrol

BNG-Comarcal
Rúa Naturista López Seoane, nº 13 baixo

15403 Ferrol
ferrol@bng-galiza.org
Telf.: 981 364 058
Fax: 981356 700


Enviado por:
BNG
-bng@ferrol.es-
29 de abril de 2013 17:08

___________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon