A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) presentou a semana pasada alegacións en contra do Proxecto de Decreto polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios, publicado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
As alegacións comezan facendo notar que, sendo unha medida que atinxe directamente ás familias, non se teña en conta a lexislación autonómica e internacional en materia de familia e dereitos de infancia e adolescencia.
O motivo fundamental da oposición é a nova modalidade de financiamento que eliminaría a gratuidade do servizo, pasando a pagarse unha cota por día de utilización do comedor (entre 1 e 4,50 euros, en función da renda). AGAMME argumenta que a gratuidade do servizo é un dereito que as familias non deben perder, especialmente nun momento como o actual no que se suman á taxa de desemprego, as continuas medidas de recortes do goberno (eliminación das axudas por nacemento ou adopción, redución da axuda por fillo/a menor de tres anos a cargo, de dependencia, etc) e a suba do custe da vida. Ademais alega en contra da fiabilidade da renda como único medio para obter datos económicos das familias, dada a reestruturación dos núcleos familiares e as relacións de dependencia ocasionadas polo empobrecemento continuado da poboación galega.
AGAMME propón a ampliación da gratuidade do servizo a todo alumnado escolarizado en centros públicos non universitarios. Ademais considera necesario, para paliar as previsibles consecuencias da crise sobre a economía familiar, a implantación de almorzos de media mañá.
As alegacións presentadas fan fincapé no elemento discriminatorio que presenta o Proxecto de Decreto en canto á atención á poboación rural pois, especialmente naquelas zonas da xeografía galega na que esta se atopa moi dispersa, os nenos e as nenas deben realizar desprazamentos longos para acudir aos centros educativos, polo cal o uso do comedor non é opcional senón necesario. A alternativa dos “tupper” atenta contra os principios de calidade de vida e benestar para a infancia e adolescencia galegas, tal e como AGAMME fai constar no seu escrito.
Por outra banda, alega AGAMME que tal e como está presentado o Proxecto de Decreto non se estaría favorecendo a conciliación da vida familiar e laboral. Sinala, asemade, a marcada desviación dos orzamentos da Xunta de Galicia na interpretación da expresión austeridade, pois mentres se tramita o Proxecto de Decreto, os cinco colexios concertados que seleccionan ao alumnado por xénero percibiron este ano un total de 3.000.000 de euros.
Outra cuestión que se aborda é o modelo de xestión dos comedores, que segundo expresa AGAMME debería ser unicamente público. Igualmente faise referencia á calidade dos alimentos, propoñéndose o consumo de alimentos de produción local e ecolóxica.
Para máis información poden contactar coa AGAMME no correo agammeferrol@gmail.com ou no teléfono 636142012
http://agamme.org/
Enviado por:
Agamme
-agammeferrol@gmail.com-
8 de maio de 2013 11:50
Bo día, Dende a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) adxuntamos nota de prensa para informar das alegacións presentadas pola asociación contra o Proxecto de Decreto polo que se regulan os comedores escolares, publicado pola Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Agradecemos a difusión da nota de prensa enviada. Se precisan máis información poden solicitala neste correo electrónico ou no teléfono 636142012. Un saúdo atento, Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME).
___________________

Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon