mércores, maio 08, 2013

De fondo Reganosa: Explosión dun camión cargado con gas en Ecatepec (México), máis de vinte persoas falecidas e de medio centenar feridas

Tags


Onte, 7 de Maio de 2013, en San Pedro Xalostoc - Ecatepec (México) un camión cisterna que transportaba gas licuado, por unha autoestrada estatal, a poucos quilómetros da Capital, chocou e produzo unha gran explosión, orixinando máis de vinte persoas falecidas e máis de medio centenar feridas, pois aínda habia persoas desaparecidas entre os restos derruídos dun poboado próximo á autoestrada, onde se produzo o sinistro mortal  A destrución foi case total nun radio de 500 metros.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, emiteu un comunicado, onde alerta sobre a localización de Reganosa no corazón da nosa Ría que aumenta exponencialmente o seu perigo sempre que entra un buque con GNL/LNG para descargar en Punta Promontorio. Dí o Comité Cidadán: "... Ante estes casos, por forza temos que pensar nas tráxicas consecuencias que suporían para a nosa comarca de producirse un accidente grave na Planta de Gas de Reganosa – cun volume de almacenamento de 150.000 Tm, - o que equivale a varios milleiros de camións cisterna ...".
Continua a nota do Comité: "... Desde o CCE, pola seguridade de todos e todas, exiximos, unha vez máis, das Administracións a paralización da actividade de Reganosa, en execución da Sentenza do Tribunal Supremo que ratificou a ilegalidade do seu emplazamento ...".

Din as noticias de axencias ao pouco de producir-se o accidente:
Polo menos 19 persoas morreron e máis de 30 resultaron feridas pola explosión dun camión cisterna que transportaba gas este martes nunha autopista nos arredores da Cidade de México, segundo o máis recente balance das autoridades, aínda preliminar.

"Desafortunadamente rexístranse 27 vivendas afectadas e 19 falecidos", reportou na súa conta de Twitter Pablo Bedolla, alcalde de Ecatepec, un municipio situado ao noroeste do área metropolitana de Cidade de México onde se rexistrou o accidente.

Anteriormente, as autoridades locais deran parte de 18 mortos e 36 lesionados, 13 deles de gravidade, polo estalido do combustible que transportaba o camión, que aparentemente envorcou.

O condutor do vehículo accidentado logrou sobrevivir e está "detido nun hospital onde recibe atención médica", dixo na súa conta de Twitter Salvador Neme, secretario de Seguridade Cidadá do Estado de México, ao que pertence Ecatepec.

A explosión ocorreu pouco antes das 05H30 locais (10H30 GMT) no quilómetro 14 da autopista que une a capital mexicana coa cidade de Pachuca (estado de Hidalgo, centro) ao seu paso polas inmediacións dunha comunidade de Ecatepec (ao redor de 1,6 millóns de habitantes).

Nese punto, a vía transita preto da humilde comunidade de San Pedro Xalostoc (Ecatepec), onde polo menos unha vintena de vivendas resultaron afectadas pola explosión, informou Neme.

Os bombeiros e equipos de rescate seguen traballando nos escombros dos inmobles en busca doutras posibles vítimas.

Trala explosión, imaxes de televisión mostraban vehículos calcinados e algunhas vivendas en ruínas das que aínda saía fume. A onda expansiva da explosión alcanzou un área duns 500 metros, segundo reportes de prensa.

Ao parecer o accidente orixinouse porque un camión cisterna propiedade dunha empresa privada "impactou co muro de contención da autopista e envorcouse, causando a explosión", dixo á AFP a oficina de prensa do departamento de Protección Civil do Estado de México.

A esa hora da mañá, a autopista Cidade de México-Pachuca, que se mantivo pechada tralo accidente, adoita rexistrar un tráfico intenso pola gran cantidade de traballadores que se dirixen aos seus labores na capital mexicana.

Nos últimos meses, México viviu outros mortais accidentes causados por gas ou petróleo.

O 31 de xaneiro, 37 persoas morreron e máis de 120 resultaron feridas por unha enorme explosión na sé da paraestatal Petróleos Mexicanos (Pemex) na capital mexicana que as autoridades atribuíron a unha acumulación de gases.

En setembro pasado, outro estalido deixou 30 mortos nunha instalación de gas próxima á fronteira con Estados Unidos (Ciudad Madero, Tamaulipas, cerca de la zona fronteriza de Reynosa).

En decembro de 2010 rexistrouse outra explosión nun oleoduto no centro do país, ao parecer causada por un intento de roubo de combustible, que deixou 29 mortos e máis de 50 feridos.

Outros enlaces deste accidente que nos remiten desde o Colectivo Universitario Opositor a Planta de Gas Licuado (GNL) da Ría de Ferrol (Galicia) - Ferrol-CAP,


PASO A PASO, PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA

  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!
____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon